‘As mulleres que opinan son perigosas’ continúan facendode Pontevedra a sede do xornalismo e a opinión en feminino 

86
O alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores, agradeceu o traballo e a constancia das xornalistas Susana Pedreira e Diana López Varela ás portas de comezar a sétima edición deste evento
O congreso celebrarase entre o 15 e o 16 de marzo no Teatro Principal de Pontevedra, a entrada precisa de inscrición previa 

O congreso As mulleres que opinan son perigosas volver facer seu o Teatro Principal de Pontevedra. Cita de carácter único no Estado e referente na súa materia, o evento organizado polas xornalistas Susana Pedreira Buján e Diana López Varela acada a súa sétima edición traendo, de novo, a algunhas das voces máis importantes dentro da opinión xornalística.

Concello e Deputación de Pontevedra apoian esta iniciativa que se celebrará entre o 15 e o 16 de marzo na Boa Vila, achegando o pensamento e o talento de mulleres como Olga Viza, Lucía Méndez, Mariola Cubells, Lula Gómez, Claudia Morán, Carolina Sertal ou Noor Ammar. 

O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, acompañado pola edil de Igualdade, Anabel Gulías, lembrou durante a presentación do programa completo que «se Pontevedra é unha cidade dinámica e referente é grazas ao talento e labor de persoas con iniciativa, neste caso como Susana e Diana, ao poñer e manter en marcha este congreso».

O rexedor da Boa Vila agradeceulles o seu traballo ao longo de todos estes anos, e sinalou que os medios deben darlle a importancia que merece de contar e amosar a opinión de máis da metade do 50 % da poboación.

Setenta e cinco profesionais do xornalismo e da comunicación estiveron en Pontevedra desde 2018 e forman parte da rede As Mulleres que Opinan Son Perigosas, unha marca de referencia, compromiso e calidade no xornalismo de opinión. Ademais, este encontro é agora moito máis do que se propoñía na primeira edición, porque nestes anos amosamos que tamén son perigosas as mulleres que informan, as que presentan, as que dirixen medios e deciden a axenda, as que entrevistan, as que son correspondentes internacionais, as que ilustran e as que crean contido para redes.

Se ben a entrada é de balde, recoméndase facer inscrición previa, co fin de controlar o número de prazas e non superar a capacidade total das mesmas. 

PROGRAMA COMPLETO

Venres 15 de marzo

12:00 h Inauguración
Diana López e Susana Pedreira co Concello e coa Deputación

12:30 h Gañadoras do I Premio Opinión #MulleresQueOpinan:
Carolina Sertal e Carmen G. Magdaleno

13:15 h “Entender e desmontar o machismo: ‘eres una caca’”
Lula Gómez, guionista, podcaster e realizadora audiovisual

14:00 h Pausa para xantar

17:00 h “A beleza e a opinión nunca deben morrer”
Mercedes Corbillón, de Diario de Pontevedra e La Voz de Galicia

17:45 h “Desde a comedia e con retranca tamén se opina”
Jazmín Abuín, xornalista, cómica e actriz

18:30 h Pausa para o café

18:45 h “Maternidades precarias: entre o privilexio e a incerteza”
Diana Oliver, xornalista especializada en maternidade, infancia e saúde

19:30 h “Tres décadas observando e relatando o poder”
Lucía Méndez, de El Mundo

Sábado 16 de marzo

12:00 h “Ética xornalística no tratamento da violencia machista”
Ana G. Liste, de praza.gal

12:45 h “Entrando en Materia: ciencia, tecnoloxía e saúde con perspectiva de xénero”
Patricia Fernández de Lis, redactora xefa en El País e directora de Materia

13:30 h “De iso SI se fala: mulleres rompendo silencios persoais e colectivos”
Isabel Cadenas Cañón, xornalista, escritora e documentalista sonora

14:15 h Pausa para xantar

17:00 h “Vivir aquí: opinar desde o propio”
Cláudia Morán, de Nós Diario

17:45 h “Repensar o feminismo: apartheid de xénero e construción do relato”
Noor Ammar Lamarty, activista xurídica e podcaster

18:30 h Pausa para o café

18:45 h “Mellor que nunca: a revolución das mulleres +60”
Mariola Cubells, de La Ventana daCadena SER eHuffington Post

19:30 h “Referente e pioneira: a información deportiva leva o seu nome”
Olga Viza, xornalista e presentadora de televisión