O contrato de sinalización viaria incrementa nun 20% para reforzar o mantemento e a imaxe dos espazos públicos 

11

A Xunta de Goberno Local acaba de prorrogar o actual contrato até decembro deste ano por 99.000 euros mentres non se adxudica a nova licitación na que xa traballan os servizos municipais.

O novo contrato terá un incremento dun 20% xa que é fundamental tanto para a seguridade viaria como para mellorar a imaxe dos espazos públicos. 

A Xunta de Goberno Local vén de prorrogar o contrato de sinalización horizontal e vertical que o Concello mantén coa empresa API Movilidad S.A. até o 22 de decembro de 2024. Trátase dunha prorroga por seis meses ou até que estea licitado o novo contrato de sinalización no que xa traballa a administración local.

A concelleira de Promoción da Cidade, Anabel Gulías, encargada hoxe de informar dos asuntos tratados na Xunta de Goberno, lembrou que unha das liñas de traballo fundamentais do goberno é o mantemento dos espazos públicos. Para acadar ese obxectivo os « pintados » das rúas son básicos tanto para garantir a seguridade viaria como para mellorar a imaxe urbana.

Dada a importancia desta contratación para o mantemento da cidade, o Goberno vén de acordar que se incremente nun 20%. Até o de agora o contrato estaba fixado en 1980.000 euros polo que na vindeira licitación achegarase aos 240.000 euros.

A prórroga concedida na Xunta de Goberno do día de hoxe ten unha contía de 99.000 euros.