Alugueiro, compra-venda, vivendas turísticas, mercado tensionado, obxecto de análise no estudo urbanismo do Concello 

31

O concelleiro de Urbanismo, Alberto Oubiña deu conta esta semana na Comisión de Urbanismo, dos temas que se van a abordar no estudo que vai a encargar o Concello sobre a situación da vivenda na cidade.

O departamento que dirixe continúa na elaboración de pregos que poderán estar listos proximamente e permitirán coñecer o estado real da situación da vivenda no ámbito urbano de Pontevedra. 

Xa se coñece un primeiro avance da temática que analizará o estudo que vai a encargar o Concello para saber o estado real da vivenda en Pontevedra. Estas primeiras pinceladas xa son de coñecemento dos integrantes da Comisión de Urbanismo logo da comparecencia do responsable da área, Alberto Oubiña esta semana. O concelleiro explicou que o estudo « nos vai a poñer en riba da mesa moitos datos para poder seguir avanzando en diferentes eidos » polo que agarda que se trate « dun excelentísimo traballo » que poderá saír a contratación nas próximas semanas.

Alberto Oubiña lembrou que « imos a analizar unha serie de parámetros que até o de agora non se analizaran, pero que son moi interesantes á para desenvolver políticas na cidade ». Recordou que non se trata soamente de estudar o ámbito da vivenda « onde as competencias do Concello son bastante limitadas », senón tamén aspectos como valoracións dentro do mundo do alugueiro, da compra-venda, estudos comparativos con outras localidades da comarca e do resto de cidades dende o ano 2021 para evitar a situación anómala da pandemia; situación da vivenda turística, coñecer o número de vivendas susceptibles de construción ao abeiro do PXOM actual e dun hipotético novo PXOM tendo en conta a normativa marco actual, ou estudos valorativos sobre a necesidade ou non de declarar zonas de mercado tensionado.

Os parámetros a estudiar son os seguintes:

  1. Estudo das características das vivendas baleiras e segundas residencias
    1. Vivendas baleiras e dispoñibles para a alugueiro: distribución por zonas, prezos, relación m2, estado, baleira ou amoblada, alugueiros con dereito a compra, comparativa con cidades e comarca.
    2. Vivendas baleiras e dispoñibles para a compra: distribución por zonas, prezos, relación m2, estado, baleira ou amoblada, alugueiros con dereito a compra, comparativa con cidades e comarca
    3. Ocupación segundas residencias: distribución por zonas, prezos, relación m2, estado, interese subarrendamento, comparativa con cidades e comarca.
  2. Estudo das características da compravenda de vivendas nos anos 2021, 2022 e 2023: datos xerais, distribución por zonas, prezos, relación m2, estado das mesmas, comparativa coa comarca e resto de cidades. Perfís: idade, estudos, renda, situación laboral, tamaño do fogar comparativa coa comarca e resto de cidades. Créditos hipotecarios: entidades, condicións actuais, media de cantidades emprestadas, prazos e recibos mensuais.
  3. Estudo das características de alugueiro de vivenda habitual nos anos 2021, 2022 e 2023: datos xerais, distribución por zonas, prezos, relación m2, estado das mesmas, comparativa coa comarca e resto de cidades. Perfís: idade, estudos, renda, situación laboral, tamaño do fogar comparativa coa comarca e resto de cidades.
  4. Estudo das características de cohousing nos anos 2021, 2022 e 2023: datos xerais, distribución por zonas, prezos, relación m2, estado das mesmas, comparativa coa comarca e resto de cidades. Perfís: idade, estudos, renda, situación laboral, tamaño do fogar comparativa coa comarca e resto de cidades.
  5. Estudos relacionados co Plan Xeral de Ordenación do Concello de Pontevedra: cálculo da capacidade máxima residencial, cálculo vivendas dispoñibles segundo PXOM actual, cálculo vivendas dispoñibles tendo en conta a normativa actual nunha hipotética aprobación dun novo plan xeral.
  6. Proposta de extensión dos Entornos de Rehabilitación Integral
    1. Análise dos ámbitos de actuación actuais:Centro Histórico e Estribela
    2. Proposta de ámbito de ampliación. Análise de alternativas. Moureira e Estribela
  7. Outras cuestións
    1. Alugueiros turísticos: número, distribución por zonas, tempo medio de alugueiro, distribución temporal, estudio sobre afección da mesma sobre a demanda e a oferta na vivenda da cidade., comparativa coa comarca e resto de cidades, estudo específico de censo de VUT na cidade, particularmente no Casco Histórico. Análise comparativa dos datos dos diferentes actores: arquivos do Concello, rexistro da Xunta e plataformas de alugueiro de VUT.
    2. Mobilidade residencial: localización da vivenda anterior, réxime de tenencia da vivenda anterior, motivos cambio da vivenda anterior.
    3. Axudas económicas: análise do impacto das axudas ao alugueiro, análise do impacto das axudas encamiñadas á mellora enerxética dos fogares, análise doutras axudas percibidas polos propietarios de vivenda, importes medios percibidos.
    4. Estudo específico conforme aos requisitos establecidos polo artigo 18 da Lei 12/2023, do 24 de maio, polo dereito á vivenda e do artigo 9 da Lei 10/2023, do 28 de decembro, de medidas fiscais e administrativas da Xunta de Galicia, encamiñado á detección da necesidade ou non da declaración de zonas de mercado tensionado no Concello de Pontevedra
      1. Estudos necesarios marcados pola normativa referida encamiñados á determinación (ou non) da necesariedade de declaración de zona tensionada
      2. Elaboración de documentación necesaria para o cumprimento da solicitude, se fose preciso solicitar a declaración.
      3. 18.2 a) e c).