As actuacións ascenden a un total de 46.646,83 euros e o prazo establecido para o remate dos traballos é de 2 meses
O edil de Parques e xardíns, Xaquín Moreda, lembra que o Goberno Local segue priorizando o mantemento de espazos públicos a través da posta en marcha, por exemplo, do plan especial de supervisión, priorización, reparación e mantemento dos parques infantís do municipio
O parque infantil da Illa do Covo recibirá unha mellora integral ao longo das próximas semanas. O Concello de Pontevedra vén de poñer en marcha as actuacións que así o permitirán, e que inclúen a limpeza xeral do parque, a reparación do seu pavimento, a restauración e pintado do mobiliario ou a restauración integral de elementos defectuosos, entre outras.
O concelleiro de Parques e xardíns, Xaquín Moreda, sinala que a principio de mandato o alcalde deu orde de priorizar o mantemento dos espazos públicos, unha idea global e transversal que se vén mantendo ao longo destes meses. «Fomos facendo diversas intervencións neste tempo e agora é a quenda do parque infantil da Illa do Covo», comenta o edil, ao tempo que lembra que meses atrás foi acordado en Xunta de Goberno Local poñer en marcha un plan especial de supervisión, priorización, reparación e mantemento para 57 parques infantís no Concello de Pontevedra.
«É un proxecto con dúas fases: diagnose e priorización. Partindo da primeira, sabemos que parques están en peor estado con exactitude e así actuamos neles, e, ademais, adaptámolos á normativa actual», explica. «O parque da Illa do Covo é un parque singular, é moi usado pola rapazada e as familias, e vai contar cunha actuación global no que tamén se mellorará a súa contorna».
O orzamento total para esta mellora e reforma do parque é de 46.646,83 euros e o prazo establecido para o remate dos traballos é de dou meses.
O parque de xogos da Illa das esculturas é unha instalación que funciona como un dos principais principal centro de ocio para a rapazada na contorna da Illa das Esculturas. Foi deseñado no seu día mediante elementos de carácter natural, fabricado en madeira de robinia que lle atribúen unha personalidade propia en harmonía coa contorna.