A alcaldesa accidental, Eva Vilaverde, compareceu este martes en rolda de prensa para dar conta da operativo especial de tráfico previsto de cara á celebración das Festas da Peregrina.
A portavoz informou que a rúa Alameda será pechada o día 6 de agosto ás 23 horas. De xeito previo, xa foi colocada toda a sinalización cos valados de prohibido estacionamento nas rúas Xeneral Martitegui e na mesma rúa Alameda. Estes cambios mentarsanse até o xoves 22 de agosto.
O peche das rúas Alameda e Raíña Vitoria derivará nunha modificación da sinalización e cambios de sentido de circulación noutras rúas, quedando do seguinte xeito:
- Rúa Echegarai:
Restrínxese a circulación agás residentes e servizos. O acceso farase pola rúa Maestranza (fronte fachada principal Facultade Belas Artes e Ambulatorio Virxe Peregrina.
- Xeneral Martitegui
Invértese o sentido da rúa Xeneral Martitegui, co fin de permitir o acceso a rúa Maestranza – Echegarai. e aparcadoiro Praza España
- Rúa San Roque
Restrínxese o tráfico de acceso dende Corvaceiras ata rúa Alameda, agás residentes
Dende Paseo Colon dirección obrigatoria cara a Corvaceiras, agás entrada aparcadoiro soterrado (acceso rúa Raíña Victoria).
- Outros
Traslado da Parada de Taxis a rúa Xeneral Martitegui (marxe esquerdo segundo novo sentido de circulación. Marxe dereito: Zona de Carga e descarga, Zona de Servizos e Reserva de estacionamento para persoas con mobilidade reducida —preto da Alameda—.
Dispositivo de tráfico para o sábado 10 e o domingo 11 de agosto, coincidindo coas touradas
Un operativo especial da Policía deixará a contorna da praza de San Roque lista para a celebración en condicións de seguridade dos espectáculos taurinos desta fin de semana.
- O sábado 10 de agosto, dende as 08.00 horas, prohíbese o estacionamento nas rúas próximas a Praza de Touros: Victor Said Armesto, Campo da Torre e Nostradamus Lourido.
- Dende as 18.00 horas (de xeito aproximado) quedarán peonalizadas as rúas que arrodean a praza e outras menores, por motivos de seguridade.
En conxunto, será necesario despregar un total de 25 vallas con sinalización efémera. A Av. de San Roque quedará cortada nas Corbaceiras en sentido subida, así como a Víctor Said Armesto e outras menores que dan acceso á Praza de Touros. Tamén se cortará o Paseo de Colón á altura da rúa Monteleón, de tal xeito que os vehículos que circulen por esta vía desde a Ponte da Barca, deben dirixirse á Av. de Uruguai. Os vehículos que circulen desde a Av. de Uruguai pola rúa Irmáns Nodales, terán que voltar ás Corvaceiras por San Roque.
Tirada de fogos de artificio
Ao longo das Festas da Peregrina están previstas até tres tiradas de fogo de artificio, os días 10, 15 e 18 de agosto; en cada unha delas establecerase un dispositivo de tráfico especial ao redor do espazo de lanzamento (o estacionamento fronte ao Pavillón Municipal de Deportes).
Nas tres xornadas estará prohibido estacionar desde as 15.00 horas até ás 08.00 (do día seguinte que corresponda) no propio estacionamento e nas rúas Xoan Manuel Pintos, o tramo da avenida de Compostela entre a esquina de Rafael Areses e o Pavillón Municipal.
Ademais, estará prohibido circular entre as 23.00 horas e as 01.00 horas desde a Ponte das Correntes até a Ponte dos Tirantes (avenida de Bos Aires), Rafael Areses, e Avenida de Compostela (desde a rotonda de Pasarón e até o cruzamento con Cruz Vermella) e Xoan Manuel Pintos.