Amal en Ruta regresa ao Teatro Principal de Pontevedraco mellor cine árabe do momento e a mirada posta en Palestina

99
Na súa novena edición, do 2 ao 5 de setembro, proxectaranse cinco pezas- 4 ficcións e 1 documental en v.o.- con entrada de balde ata completar aforo
O luns, martes e mércores a hora de comezo das proxeccións será as 21h. mentres que o xoves contará cun pase ás 18.30h. e outro ás 21h

A tenente de alcalde, Eva Vilaverde e o director da Fundación Araguaney-Puente de Culturas, David R. Seoane presentaron esta mañá a que será a novena edición do ciclo de cinema euroárabe ‘Amal en ruta’. Esta actividade, que terá lugar entre o luns 2 e o xoves 7 de setembro no Teatro Principal, está organizada entre ambas entidades co obxecto de achegar a sociedade árabe a Galicia, ofrecendo unha visión ampla desta cultura tan heteroxénea e unha mirada crítica e reivindicativa que procura espertar a empatía e solidaridade.

Vilaverde salientaba que “é un ciclo do que nos sentimos moi orgullosos aquí en Pontevedra e que
quero agradecer á Fundación Araguaney por pensar en Pontevedra no seu día e por seguir
taballando con nós para que se siga proxectando este cine que nos permite achegar, e esa é a súa
razón de ser, o mundo árabe con toda a súa complexidade e heteroxeneidade aos
pontevedreses/as e os galegos e galegas, nun momento que éu creo que é especialmente
necesario.

Levamos un ano moi duro no que houbo que sufrir varias crises humanitariarias, primeiro co
terremoto de Marrocos, as inundacións e Libia que supuxeron perdas humanas pero tamén crises
importantes que teñen a súa orixe en decicións políticas que o pobo palestino leva sufrindo
durante este último ano en directo, porque levan 75 anos sufrindo ese asedio e un ataque contra a
súa propia dignidade como pobo e ciclos coma este, aparte de achegarnos esa riqueza e cultura
do mundo árabe, permítenos coñecer a realidade deste pobo palestino que nos ten que servir para
empatizar con eles. A min gustaríame precisamente dedicar o ciclo Amal en Ruta 2024 ao pobo
palesino e que a xente se achegue porque estamos falando do mellor cine euroárabe de
actualidade e se achegue apra disfrutar deste cine, para ver toda esta riqueza, pero que o faga
cunha mirada crítica, reivindicativa e solidaria porque esta e a mellor maneira na que podemos
axudar e presionar para parar unha masacre que non tiña que estar sucedendo”.

Pola súa banda David Rodríguez, quixo salientar “o público fiel que cada ano asiste a este ciclo en
Pontevedra e permite que se consolide xa a 9ª edición. No ámbito cultural ter esa estabilidade e
esa continuidade é de agradecer e forma parte do traballo de moitas persoas, do Concello, no
Teatro e tamén na Fundación. Sumámonos a ese apoio ante a situación que está a vivir Palestina.
Esperamos que, como dixo Eva, a cultura sexa unha ferramenta, unha postura política, unha
reivindicación para enfrentarse á barbarie. Consumir cultura que non é tan cercana a nós, pero que
simplemente está da outra beira do Mediterráneo que non é tan lonxana. Ese é o lema desta
edición: “Ninguén está a salvo”. Escollémolo para interpelar aos espectadores e espectadoras, de
que todos formamos parte deste mundo, das situación que ocorren deste beira ou da outra e
todos temos que estar implicados. Achegarse ao teatro do 2 ao 5 de setembro é unha maneira de
implicarse e salvarnos entre todos a través da cultura” apuntaba antes de debullar o programa.

Luns 2 setembro ás 21.00 h. no Teatro Principal
Entre as figueiras ( Taht alshajra) (FIC)
Erige Sehiri | 2022 | Tunisia, Francia, Suíza, Alemaña, Qatar | 92’
No noroeste de Tunisia, Sana, Fidé, Melek e Abdou traballan recollendo figos. Baixo o testemuño
das árbores e co sol abrasador como pano de fondo, desenvolven novos sentimentos,discuten,
coquetean e intentan entenderse. A horta convértese así nun teatro de emocións no que se
representan os soños e asesperanzas de cada un deles.


Martes 3 setembro ás 21.00 h. no Teatro Principal
Conspiración no Cairo (Boy from Heaven) (FIC)
Tarik Saleh | 2022 | Dinamarca, Finlandia, Francia, Suecia | 126’
Adam, fillo dun humilde pescador, emprende unha viaxe ao Cairo para estudar na prestixiosa
Universidade de Al-Azhar, centro de poder do Islam sunnita. Sen ser consciente, o rapaz
converterase nun peón do conflito entre as elites relixiosas e políticas de Exipto.

Mércores 4 setembro ás 21.00 h. no Teatro Principal
O home que vendeu a súa pel (The Man Who Sold his Skin) (FIC)
Kaouther Ben Hania |2020| Tunisia| 104’
Sam Ali un mozo sirio sensible e impulsivo abandona o seu país e diríxese ao Libano para escapar
da guerra. Con eses desexo de viaxar por Europa e reunirse co amor da súa vida, acepta tatuarse
nas costas por un dos artistas contemporáneos máis destacados. Ao transformar o seu corpo
nunha prestixiosa obra de arte, Sam dase de conta, pouco a pouco, de que a súa decisión implica
todo o contrario ao que inicialmente anhelaba: a liberdade


Xoves 5 setembro ás 18.30 h. no Teatro Principal
Pequena Palestina, diario dun asedio (Little Palestine, Diary of a Siege) (DOC)
Abdallah Al-Khatib | 2021 | O Líbano, Francia, Qatar | 89’
O distrito de Yarmouk, en Damasco, Siria, foi o campo de refuxiados palestinos máis grande do
mundo ata 2018. O réxime de Bashar Al-Assad considerábao un refuxio para rebeldes e terroristas, e
comezou unha campaña de asedio sobre o territorio a partir do ano 2013. Neste escenario entra en
xogo Abdallah Al-Khatib, que xunto aos seus amigos documentaron a vida cotiá dos habitantes
asediados, dando lugar a esta película.


Xoves 5 ás 21.00 h. no Teatro Principal
O Caftán azul (Le Bleu du Caftan) (FIC
Maryam Touzani | 2022 | Francia, Marrocos, Bélxica, España | 122’
Halim, un xastre de mediana idade, dirixe coa súa muller un pequeno negocio na antiga medina de
Salé, Marrocos. A relación entre eles, que oculta un gran segredo, vese afectada pola chegada dun
mozo aprendiz, Youssef.