Mañá abre o prazo para presentar as solicitudes a un nicho nos cemiterios municipais de San Amaro, Lourizán e Ponte Sampaio 

179

O Concello pon a disposición da veciñanza 300 nichos nos tres camposantos.

As concesións serán por 75 anos.

As bases, impresos e planos xa están colgados na sede electrónica do Concello de Pontevedra 

A Concellaría de Cemiterios que xestiona Anabel Gulías, abre mañá o prazo para presentar solicitudes para os particulares que queiran optar á concesión dun nicho nos cemiterios municipais de San Amaro, Lourizán e Ponte Sampaio. Pon a disposición 300 nichos cunha concesión de 75 anos. O prazo de solicitude rematará en 30 días, a partir de mañá.

A relación de nichos, prezos e tempo de concesión é a seguinte:

  • San Amaro. 200 nichos. Prazo de concesión: 75 anos
    • 1ª Fila: 1428,07 €
    • 2ª fila: 1552,25 €
    • 3ª fila: 1552,25 €
    • 4ªfila: 1303,87 €.
  • Lourizán. 36 nichos. Prazo de concesión 75 anos.
    • 1ª fila: 492,94 €
    • 2ª fila: 537,76 €
    • 3ª fila: 537,76 €
    • 4ª fila: 448,14 €.
  • Ponte Sampaio. 64 nichos. Prazo de concesión 75 anos.
    • 1ª fila: 1256,60 €
    • 2ª fila: 1316,14 €
    • 3ª fila: 1316,14 €
    • 4ª fila: 1292,65 €.

Cómpre lembrar que non poden ser concesionarios: persoas xurídicas; as que sexan titulares dunha concesión sobre unha parcela nun cemiterio municipal; e ningunha persoa pode ser titular de máis de 4 nichos. Só poderán solicitar un ou dous nichos.

As bases xa se poden consultar no perfil do contratante do Concello de Pontevedra:

https://sede.pontevedra.gal/public/publications/list/employerprofile/PUB-PERFIL6/details/256843024

Os planos e os impresos xa están colgados no taboleiro de anuncios da sede electrónica do Concello de Pontevedra:

https://sede.pontevedra.gal/public/bulletin/bulletin-details.xhtml?idtaskdata=270562786