[sections collapse=”always”]
[section title=”Zona da Barca – O Vao”]
B1 Ponte das Correntes
Nova ponte sobre o río Lérez en tre as pontes do Burgo e A Barca. Unha das accións deseñadas para mellorar o acceso norte ao centro urbano. Unirá as avenidas de Uruguai e Domingo Fontán e prantéxase como unha vía de penetración no casco urbano desde o norte. Consiste nunha ponte con carrís de circulación rodada, espazo peonil e para ciclistas.
Permitirá recuperar a Ponte do Burgo e desafogar a Ponte da Barca, permitindo neste último un único sentido de circulación, de entrada á cidade. Estado: proposta municipal para licitación de concurso de proxecto e obra, agardando financiación.
B2 A Caeira – O Vao
Vía ubicada dentro do Concello de Poio, chamada a convertirse en vía de saída da cidade cara a Sanxenxo e de vital importancia para minorar a presión na Rúa da Barca (Poio) e a Ponte do mesmo nome, que une os dous concellos. Completa a conexión entre as estradas autonómicas de Sanxenxo e Vilagarcía de Arousa a través da Caeira. Estado: Proxecto realizado polo Concello de Poio, en fase de expropiacións.
B3 Nó de Bombeiros
O chamado nó de Bombeiros afecta á confluencia entre a Avenida Domingo Fontán e as estradas de Vilagarcía e Sanxenxo, así como ao acceso á AP9 máis próximo ao centro da cidade (no futuro, acceso centro). A súa reforma integral ten como obxectivo mellorar a seguridade e permitir unha circulación máis doada en sentido saída e entrada á cidade, así como entre o principal núcleo urbano de Poio e a estrada de Vilagarcía. Estado: proposta viaria á CPTOPT.
B4 Reordenación da Ponte da Barca
Estas novas infraestructuras permitirán eliminar un dos puntos negros do acceso á cidade, grazas ao sentido único de circulación entre a glorieta de Ferreirós e a propia Ponte, que quedaría de entrada á cidade. A vía superior O Vao – A Caeira – Ferreirós tería doble circulación. Estado: dependente do resto das infraestructuras.
[/section]
[section title=”Circunvalación interior”]
C1 Ate a estrada de Campolameiro
Treito da Autovía que percorrerá a provincia de norte a sur e que funcionará para o tráfico de paso como circunvalación exterior de Pontevedra. Desde o sur, conecta Arcade – Ponte Sampaio – Canicouva co sur de Tomeza e a futura conexión sur coa Variante de Marín; a estrada de Ponte Caldelas e Polígono do Campiño, así como a vía Pino – Bora, a estrada de Ourense e a de Campolameiro, cruzado xa o río Lérez entre Bora e Xeve. Estado: Aprobada a Declaración de Impacto Ambiental polo Ministerio de Fomento
C2 Desde Estrada de Campolameiro ao norte
Continuación da autovía desde Xeve cara ao norte, por Verducido, desde donde se despide do termo municipal cara a Barro, lugar donde tende a confluir coas conexións entre a Autovía do Salnés, a AP9 e a Autovía de Vilagarcía. Estado: En fase de estudo polo Ministerio de Fomento.
C3 Conexións coa Ronda
Un viario de conexión entre o treito norte da futura Ronda Urbana e a A57 ou Circunvalación Exterior da cidade. Estado: En estudo
[/section]
[section title=”Circunvalación interior”]
C1 Ate a estrada de Campolameiro
Treito da Autovía que percorrerá a provincia de norte a sur e que funcionará para o tráfico de paso como circunvalación exterior de Pontevedra. Desde o sur, conecta Arcade – Ponte Sampaio – Canicouva co sur de Tomeza e a futura conexión sur coa Variante de Marín; a estrada de Ponte Caldelas e Polígono do Campiño, así como a vía Pino – Bora, a estrada de Ourense e a de Campolameiro, cruzado xa o río Lérez entre Bora e Xeve. Estado: Aprobada a Declaración de Impacto Ambiental polo Ministerio de Fomento
C2 Desde Estrada de Campolameiro ao norte
Continuación da autovía desde Xeve cara ao norte, por Verducido, desde donde se despide do termo municipal cara a Barro, lugar donde tende a confluir coas conexións entre a Autovía do Salnés, a AP9 e a Autovía de Vilagarcía. Estado: En fase de estudo polo Ministerio de Fomento.
C3 Conexións coa Ronda
Un viario de conexión entre o treito norte da futura Ronda Urbana e a A57 ou Circunvalación Exterior da cidade. Estado: En estudo
[/section]
[section title=”Ronda Urbana”]
R1 Ronda Leste
Vial que nace no primeiro treito do actual acceso a Montecelo e conecta as estradas de Ourense, Ponte Caldelas, Pino-Bora e Vigo. Nace na confluencia da futura Ronda Norte cos viais que proceden de Lérez e Monte Porreiro cara ao Hospital Montecelo e o sur, donde conflúe coa N550 ao sur do nó do Pino. Trátase dunha vía urbana de alta capacidade que permite diluir tráficos que actualmente se ven obrigados a entrar na cidade sen necesidade. Estado: En fase de proxecto, na procura de financiación da CPTOPT
R2 Ronda Norte
Treito norte da Ronda Urbana interior, que une San Caetano, Lérez e Mourente, un tramo que conecta as estradas de Santiago (N550), Campolameiro, Ourense (N541) e os accesos ao Hospital Montecelo. O obxectivo é completar o perímetro urbano entre os viais do norte e a Ronda Leste, co proxecto máis avanzado. Estado: En estudo
[/section]
[section title=”Lérez Monte Porreiro, Autobuses e Montecelo”]
LM Lérez – Monte Porreiro
Conexión entre a glorieta de Médico Ballina (N550), Lérez e a Urbanización Monte Porreiro. Inclúe unha nova ponte sobre o Lérez e posibilita eliminar tráfico do cinto litoral da cidade, ao permitir a conexión entre o leste e o norte do municipio. Estado: Vial conveniado coa Deputación de Pontevedra, en fase de proxecto.
E Acceso Estación Autobuses
Pequeno vial de conexión directa desde o sur (Avda. de Vigo) á central de autobuses, importante para eliminar o tráfico deste tipo de vehículos das avdas. de Vigo e a Estación, así como mellorar os tempos do transporte público de viaxeiros. Trátase dunha vía exclusiva para o tráfico de autobuses. Estado: Contémplase en forma de alegación ante a próxima reforma do nó do Pino (Ministerio de Fomento), e de demanda á CPTOPT, xa que a Estación é competencia da DX de Transportes.
H Perimetrais Montecelo
Plano de accesos ao Hospital Montecelo, complexo Príncipe Felipe e lugar de Castrosenín, que supoñen a conexión entre o actual acceso a Montecelo, a futura Ronda Leste e a vía Pino-Bora (PO542) preto da rotonda da Hermida. Inclúe o arrodeamento posterior do Hospital. Estado: Conveniada coa Deputación de Pontevedra e Sergas.
[/section]
[section title=”Mellora da integración urbana”]
U1 Urbanización PO542 (Pino-Bora)
Urbanización entre a nova rotonda do Marco e a rotonda da Hermida, por Marcón, con continuidade cara ao centro de Pontevedra pola estrada de Pontecaldelas. Estado: En fase de estudo pola CPTOPT.
U2 Urbanización N550 Sur (Estrada de Vigo)
Urbanización dun treito desde o nó do Pino cara ao sur, na parroquia de Salcedo, que ten como obxectivo a mellora da seguridade viaria.
Estado: En fase de proxecto polo Ministerio de Fomento.
U3 Urbanización N541 (Estrada de Ourense)
Urbanización do treito desde a avenida de Lugo ate o límite do termo municipal. Estado: En fase de estudo polo Ministerio de Fomento.
U4 Urbanización N550 Norte (Estrada de Santiago)
Urbanización do treito desde a Glorieta de Médico Vallina ate a zona de Pidre. Estado: En fase de estudo polo Ministerio de Fomento.
[/section]
[section title=”Zona Sur”]
S1 Nó do Pino
Reforma deste importante nó de comunicacións do sur da cidade, o máis importante punto negro da actualidade no que conflúen a Avda. de Vigo, a N550, a PO11, o accesos a un centro comercial e a San Brais, e a PO542 (Pino-Bora). Existe unha solución a 2 niveis e con 2 rotondas sucesivas, proposta polo Ministerio de Fomento. Estado: Proxecto en período de información pública
S2 Rotonda do Marco
Proxecto para mellorar a seguridade vial e a axilidade circulatoria entre as estradas Pino-Bora e Marco-Tomeza (Deputación). Estado: En obras
S3 Nó da Ría
Solución adoitada entre o Ministerio de Fomento e a Xunta de Galiza para a conexión entre as vías PO10, PO11, PO12 e VRG4.4 (Variante de Marín), que ten como obxectivo a incorporación á rede desta última e a mellora da seguridade viaria do actual encontro entre as tres vías de acceso: PO 10,11 e 12. Estado: En fase de proxecto entre o Ministerio de Fomento e a Xunta de Galiza.
S4 Circunvalación de Marín
Rematará a circunvalación desta cidade que agora se atopa a medio construir. Dentro do termo municipal de Pontevedra vai dar á nova conexión da ría, donde conflúen tamén as vías de acceso PO10, PO11 e PO12, mellorando ostensibelmente a seguridade viaria. Estado: Pendente de iniciar a construcción da vía pola CPTOPT e da nova conexión entre a CPTOPT e o Ministerio de Fomento.
S5 Nova conexión sur AP9
Proxecto que consiste en ampliar a área libre de peaxe da autoestrada AP9 ao seu paso pola cidade, complementando o do norte. Quedaría ampliado ate a nova conexión entre a A57 e a Variante de Marín, un novo nó que incluiría a conexión tamén coa N550. Estado: Proposta municipal ao Ministerio de Fomento
S6 Conexión Marín, A57 e Brilat
Un vial chamado a conectar a cara norte do Morrazo coa A57, o leste e o norte da cidade cunha vía de alta capacidade, que ademáis conecte a Brilat. Estado: Proposta municipal a Fomento
S7 Acceso a Praceres
Vial que unirá a futura Variante de Marín co núcleo dos Praceres, fornecendo un novo acceso máis directo desde Marín, Estrivela e o Porto tanto á variante como á Brilat e a futura rede de alta capacidade. Estado: Proposta municipal á CPTOPT
[/section]
[section title=”Desdobramento da Avenida de Vigo”]
A Concellaría de Infraestruturas aposta decididamente pola construción do desdobramento da avenida de Vigo, de vital importancia para esa zona da cidade e o último trazo para rematar o viario periurbano de Pontevedra.
O desdobramento da avenida de Vigo atópase no Plan Xeral de Pontevedra dende o ano 1953. A construción deste viario de nova planta está incluído dentro do convenio asinado co Ministerio de Fomento no ano 2001.
O custe da obra que tramitará e executará o Concello, é de 4.053.000 euros máis 2.250.000 euros de expropiacións. Son 23 fincas coas que o concelleiro de Infraestruturas pretende chegar a un acordo. O Concello quere negociar cos propietarios dos terreos a expropiar para poder iniciar o proxecto de construción no ano 2013, poder rematalo en 2014.
É un viario de 460 metros de lonxitude de 25 metros de ancho (máis que Juan Carlos I). Presenta beirarrúas moi anchas e dúas glorietas: unha de entrada e outra de saída.
O proxecto debera completarse coa actuación da Xunta de Galicia de facer un acceso directo dende ese viario á estación de autobuses. Serían arredor de 40 metros que permitiría descargar gran parte o viario urbano da cidade de autobuses, mellorar o transporte urbano e a súa fiabilidade e destapar o tramo do Gafos que nese punto vai soterrado.
[/section]
[/sections]