Espazo CreActivo é unha convocatoria aberta á participación de ideas propostas polo alumnado dos cursos de Grao e Posgrao do Campus de Pontevedra, posta en marcha pola Concellería de Promoción da cidade xunto coa Universidade de Vigo.

O obxectivo desta é a participación na adecuación do edificio sito en Santa Clara nº4, para convertelo nun espazo multidisciplinar orientado ao emprendemento e ao desenvolvemento de iniciativas empresariais.

Como resultado da convocatoria, as ideas premiadas serán levadas a cabo co apoio e titoría de empresas de Pontevedra presentes no programa “Pontevedra ten un Puntazo”. Ademais as ideas seleccionadas recibirán unha contía económica.

Consulta as bases do programaBases Convocatoria Espazo CreActivo

As/os participantes deberán presentar a súa proposta a través do formulario web desta páxina, adxuntando un documento explicativo da mesma , en formato comprimido, no que deberán incluír un orzamento estimativo do proxecto.

Para máis info podedes poñervos en contacto no enderezo electrónico: espazocreactivo@pontevedra.gal