Con frecuencia, a Policía Local de Pontevedra realiza campañas especiais para mellorar a actitude das persoas no seu uso da cidade, normalmente destinadas a temas relacionados coa mobilidade a motor, a maior fonte de conflitos no espazo público da cidade.
Estas accións non só son publicitarias ou de comunicación, senón que se planifican estratexias para implicar aos axentes e á cidadanía, co obxectivo de difundir as boas prácticas no uso da cidade.
Entre estas campañas destacan as que teñen que ver cos excesos de velocidade, pero tamén outras como:
- A circulación en rotondas. Unha campaña novidosa que reduciu significativamente o número de incidentes nas rotondas da cidade, uns intercambiadores de cruces cada vez máis frecuentes en Pontevedra. Distribuíronse milleiros de folletos entre os conductores, celebráronse un bó número de intervencións en medios de comunicación social, e mantívose un control da circulación en rotondas máis intenso do habitual.
- Control de ruídos de motocicletas. Ademáis do control habitual dos ruídos urbanos —un dos máis significativos é o producido por motocicletas con potenciadores de ruído—, establécense unha serie de controis específicos deste tipo de molestias urbanas que parecen estar de moda entre algunhas persoas. Con estas inspeccións reforzadas, consíguese facer da cidade un espazo máis sano, a salvo deste tipo de excesos.