Guindastre
Grazas ao guindastre, podemos cada día disfrutar de todos os dereitos de circulación, aparcamento e uso en xeral do espazo público.
Se o teu coche non está no lugar que o deixaches, pode ser que cho levara algún guindastre.
Podes preguntar por él no teléfono 986 858 710
De atoparse alí, para recuperalo podes achegarte á rúa do Camposanto, nº3, na zona do cemiterio de Sto. Amaro, na Parda.
As taxas para a retirada están definidas na Ordenanza Reguladora de Taxas do 24/10/2008, e son as seguintes, para turismos de ata 3,5 tm:
- Retirada, 115 euros.
Ciclomotores e motocicletas:
- Retirada, 55 euros.
Bicicletas:
- Retirada, 15 euros.
En todos os casos:
- Cada hora 1 euro (durante as 10 primeiras horas).
- Despois das 10 primeiras horas 15 euros cada 24 horas.
- Enganche 50%.
Se non estás de acordo coa acción da grúa, podes facer un plego de descargo e presentalo no Rexistro Municipal
Lembra que algunhas veces o guindastre pode levarche o coche, non por que estea mal aparcado, senón porque haxa algunha razón para a súa retirada, tales como festas, competicións ou outro tipo de eventos. Nestes casos o coche pode estar aparcado nas proximidades e non se aplica sanción nen taxa administrativa algunha.