As sancións da Policía Local son unha arma eficaz para manter o bo uso dos espazos públicos e as normativas que rexen a nosa convivencia. Normalmente, os axentes realizan o seu traballo coa suficiente cordura e equidade, co que o índice de problemas e reclamacións xenerados polas multas é baixísimo.
Pero se non estás de acordo coa sanción que che impuxeron, podes recorrela, cubrindo o impreso que aquí mesmo podes descargar e presentándoo no Rexistro Municipal (Rúa Michelena, 30), describindo as circunstancias que concorrían no intre da sanción.
Esta reclamación será estudada polos servizos administrativos e xurídicos municipais, que dictaminarán o seu resultado.
Aínda se non está de acordo, pode recorrer aos Tribunais ordinarios da Xustiza.