ARI do núcleo de Estribela

ARI Estribela_reducido

O núcleo de Estribela declarouse Área de Rehabilitación Integral (ARI) o día 03/05/2007, para favorecer a rehabilitación e poder obter as axudas económicas que establece o Plan Estatal de Vivenda.

A finalidade destas axudas é a de potenciar o uso residencial e asegurar a diversidade social e o realoxamento, se é o caso, da poboación existente, con suxeición ás normas do plan urbanístico vixente e ás disposicións sobre eliminación de barreiras arquitectónicas, promoción da accesibilidade e mellora da eficiencia enerxética dos edificios.

Reportaxe fotográfica de rehabilitacións realizadas en Estribela (antes e despois):