Inicio Áreas Urbanismo Oficina Técnica de Rehabilitación Plan Autonómico Rehavita 2015-2020

Plan Autonómico Rehavita 2015-2020

PLAN GALEGO DE REHABILITACIÓN, ALUGUER E MELLORA DE ACCESO Á VIVENDA 2015-2020 (PLAN  REHAVITA)

O Plan galego de rehabilitación, aluguer e mellora de acceso á vivenda é o primeiro que elabora íntegramente a Xunta de Galicia e nace co obxectivo principal de crear liñas de axudas que faciliten o acceso á vivenda ás persoas que máis o necesitan e previr a exclusión residencial.

Plan estratéxico 2015/2020

O Plan rehaVita articúlase arredor de catro eixes que se desenvolven a través de programas de actuación. Estes eixes son:

1. Acceso á vivenda, que se desenvolverá a través dos seguintes programas:

  • Programa 1. Promoción pública de vivendas
  • Programa 2. Apoio á promoción pública de vivendas protexidas de protección autonómica
  • Programa 3. Apoio aos adquirentes e cooperativas de vivendas de protección autonómica
  • Alugueiro de vivenda

2. Rehabilitación de vivendas e renovación urbana, conta cos seguintes programas de actuación:

  • Programa 1. A rehabilitación illada
  • Programa 2. Rehabilitación directa polo IGVS
  • Programa 3. Áreas de Rehabilitación Integral
  • Programa 4. Outras actuacións de Rehabiltación

3. Prevención da exclusión residencial, cos seguintes programas:

  • Programa 1. Vivenda de inserción
  • Programa 2. Realoxamento de afectados por execucións hipotecarias
  • Programa 3. Programa de apoio a situacións de emerxencia residencial

    Programa do Bono de Alugueiro Social do Plan rehaVita.

4. Outras medidas en materia de vivenda