Plan Estatal 2013-2016

O Plan Estatal de fomento do alugamento de vivendas, a rehabilitación edificatoria e a rexeneración e renovación urbanas 2013-2016, está regulado no Real decreto 233/2013, do 5 de abril, actualmente prorrogado no marco do Real decreto 637/2016, do 9 de decembro.

As axudas previstas neste Plan consisten en subsidiacións de préstamos convidos e subvencións orientadas a fomentar as actuacións que se enmarquen nalgún dos seguintes programas en que se estrutura o Plan, sempre que se cumpran os requisitos que se esixan e dentro das disponibilidades presupuestarias existentes:

1. Programa de subsidiación de préstamos convidos.
2. Programa de axuda ao aluguer de vivenda.
3. Programa de fomento do parque público de vivenda en aluguer.
4. Programa de fomento da rehabilitación edificatoria.
5. Programa de fomento da rexeneración e renovación urbanas.
-Axudas na ARI Estribela

-Axudas na ARI Conxunto Histórico de Pontevedra
6. Programa de apoio á implantación do informe de avaliación dos edificios.
7. Programa para o fomento de cidades sostibles e competitivas.
8. Programa de apoio á implantación e xestión do Plan.

Liñas básicas de rehabilitación

Serán actuacións protexibles as obras de rehabilitación que se realicen en vivendas unifamiliares no medio rural, e en vivendas ou edificios de vivendas no ámbito dunha área de rehabilitación declarada conforme o procedemento previsto no decreto de referencia, así como as promocións de vivenda que estean, ou estiveran, acollidas ao réxime de promoción pública, e as actuacións de rehabilitación de carácter illado acollidas ao Plan Estatal de fomento de alugamento de vivendas, a rehabilitación edificatoria e a rexeneración e renovación urbanas 2013-2016.

O Decreto 18/2014, do 13 de febreiro, posibilita a implantación en Galicia deste Plan no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, mediante a publicación da Orde FOM/2252/2014, do 28 de novembro (BOE núm. 292, do 03/12/2014) tras a sinatura, o día 05/09/2014, do convenio de colaboración para a implantación do plan en Galicia (DOG núm. 206 do martes, 28 de outubro de 2014).

A Orde do 09/03/2015 da CMATI establece as bases reguladoras do Programa de rexeneración e renovación urbanas do Plan Estatal 2013-2016 de fomento do alugamento de vivendas, a rehabilitación edificatoria e a rexeneración e renovación urbanas, tras ela asínase o Acordo da Comisión Bilateral entre a Administración do Estado, a Xunta de Galicia e o Concello de Pontevedra, que posibilita a regulación e apertura das correspondentes convocatorias para poder solicitar as subvencións en materia de rehabilitación.

O 10.12.2020 publicouse no BOE o Real decreto 1084/2020, do 9 de decembro, polo que se modifica o Rd 106/2018, do 9 de marzo, polo que se regula o Plan Estatal de Vivenda 2018-2021, que no seu artigo primeiro dispón que o prazo de execución das actuacións do programa de fomento da rexeneración e renovación urbanas, que se executen ao abeiro dun Acordo de Comisión Bilateral para execución do Plan estatal de fomento do alugamento de vivendas, a rehabilitación edificatoria, e a rexeneración e renovación urbana 2013-2016 e a súa prórroga, será ampliable ata o 31 de decembro de 2022. Ao abeiro do mencionado artigo a Comunidade Autónoma solicitou, por petición do Concello de Pontevedra, a ampliación do prazo de execución das actuacións financiadas en virtude dos acordos asinados na Comisión Bilateral do 27.10.2015, asi como os relativos á prórroga do Plan Estatal 2013-2016, asinados na Comisión Bilateral do 26.10.2017, ata o 31.12.2022, para estes efectos o dia 03.02.2021 asinouse a correspondente addenda.

En data 21-01-2022 saiu publicado no BOP o extracto do acordo da convocatoria pública para solicitar axudas á actuacións de rehabilitación de edificios e vivendas no ámbito das áreas de rehabilitación integral do núcleo de Estribela e do Conxunto Histórico de Pontevedra. Remanentes Plan Estatal 2013-2016 o que posibilita a presentación de novas solicitudes de subvencións nas ARIs.

Solicitudes

Prazo para solicitar as axudas: do 22/01/2022 ata o 21/04/2022 (3 meses).

  • 407 Solicitude de visita técnica previa á solicitude de subvención en área de rehabilitación integral. Ver
  • 408R Vivenda. Solicitude de subvención para actuacións de rehabilitación de vivenda na Área de Rehabilitación Integral (Remanentes Plan Estatal de Vivenda 2013-2016). Ver
  • 409R Edificio. Solicitude de subvención para actuacións de rehabilitación de edificio na Área de Rehabilitación Integral (Remanentes Plan Estatal de Vivenda 2013-2016). Ver
  • 413R Comunicación do inicio das actuacións de rehabilitación na Área de Rehabilitación Integral (Remanentes Plan Estatal de Vivenda 2013-2016). Ver
  • 414R Comunicación da finalización das actuacións de rehabilitación na Área de Rehabilitación Integral (Remanentes Plan Estatal de Vivenda 2013-2016). Ver
  • 415R Autorización para a solicitude, xestión, tramitación e cobro da subvención para actuacións de rehabilitación na Área de Rehabilitación Integral (Remanentes Plan Estatal Vivenda 2013-2016). Ver
  • 416R Outorgamento de representación para actuacións de rehabilitación na Área de Rehabilitación Integral (Remanentes Plan Estatal de Vivenda 2013-2016). Ver
  • 417R Renuncia para actuacións de rehabilitación na Área de Rehabilitación Integral (Remanentes Plan Estatal de Vivenda 2013-2016). Ver

Normativa:

  • Extracto do acordo da convocatoria polo que se abre o prazo para solicitar axudas nas ARIs (BOP núm. 14, do venres 21/01/2022). Ver
  • Bases reguladoras e convocatoria pública para solicitar axudas (BOP núm. 244, do venres 22/12/2017). Ver
  • Bases reguladoras e convocatoria pública para solicitar axudas (BOP núm. 245, do venres 21/12/2015). Ver
  • Orde do 9 de marzo de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa de rexeneración e renovación urbanas do Plan estatal 2013-2016. Ver
  • Orde FOM/2252/2014, do 28 de novembro, pola que se determina a efectividade das liñas de axudas previstas no RD 233/2013. Ver
  • Convenio de colaboración asinado entre o Ministerio de Fomento e a C.A. de Galicia para a execución do Plan estatal de fomento do alugamento de vivendas, a rehabilitación edificatoria e a rexeneración e renovación urbanas 2013-2016. Ver
  • Decreto 18/2014, do 13 de febreiro, polo que se determinan os aspectos básicos dos programas autonómicos de rehabilitación de vivendas e se dan directrices para o desenvolvemento do Plan estatal de fomento do alugamento de vivendas, a rehabilitación edificatoria e a rexeneración e renovación urbanas, 2013-2016, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia. Ver
  • Real Decreto 233/2013, do 5 de abril, polo que se regula o Plan Estatal 2013-2016. Ver
Logo Oficina Tecnica Rehabilitacion 700px