O 10 de marzo de 2018 publicouse no Boletín Oficial del Estado o Real decreto 106/2018, do 9 de marzo, polo que se regula o Plan Estatal de Vivenda 2018 – 2021.
A implantación deste plan non é automática, posto que a súa execución require a sinatura dun convenio de colaboración entre o Ministerio de Fomento e as Comunidades Autónomas (BOE núm. 198 do 16/08/2018) e a posterior publicación das correspondentes convocatorias de cada programa de axudas ou a sinatura de acordos específicos, segundo o correspondente programa.
O plan prevé os seguintes programas de axudas:
1. Programa de subsidiación de préstamos convidos.
2. Programa de axuda ao aluguer de vivenda.
3. Programa de axuda ás persoas en situación de desafiuzamento ou lanzamento da súa vivenda habitual.
4. Programa de fomento do parque de vivenda en aluguer.
5. Programa de fomento de mellora da eficiencia enerxética e sostibilidade en vivendas.
6. Programa de fomento da conservación, da mellora da seguridade de utilización e da accesibilidade en vivendas.
7. Programa de fomento da rexeneración e renovación urbana e rural.
8. Programa de axuda aos mozos.
9. Programa de fomento de vivendas para persoas maiores e persoas con discapacidade.
As axudas destinadas á rehabilitación de edificios e vivendas nas Áreas de Rehabilitación Integral (ARIś), no Concello de Pontevedra ARI de Estribela e ARI do Conxunto Histórico, inclúense no punto 7. “Programa de fomento da rexeneración e renovación urbana e rural”.
O día 01-12-2021 asináronse os Acordos das Comisións Bilaterais entre o Estado, a Xunta de Galicia e o Concello de Pontevedra, estes acordos posibilitan a regulación e apertura das convocatorias para poder solicitar as subvencións en materia de rehabilitación nas ARIs.
O luns 4 de abril de 2022 publícase no BOP núm. 65 o extracto das bases e convocatoria pública de axudas á rehabilitación de edificios e vivendas na Área de Rehabilitación Integral do núcleo de Estribela e do Conxunto Histórico de Pontevedra.
Prazo para solicitar as axudas: 05-04-2022 ata o 04-07-2022 (3 meses).
As persoas interesadas nas axudas deberán solicitar, antes ou coa solicitude oficial de subvención unha visita de inspección, co fin de comprobar o estado do inmoble e asesorar sobre as posibilidades de mellora e rehabilitación. Para o que deberán achegar a través do rexistro xeral a seguinte solicitude número 407:
407 Solicitude de visita técnica de inspección para actuacións na Área de Rehabilitación Integral