Definición e documentación a achegar
Obras ou instalacións que non estean incluídas na categoría de obras menores e que necesitan proxecto técnico.
Documentación que debe achegarse
• Persoa Física: fotocopia do Número de Identificación fiscal (NIF/ NIE/ Permiso de Residencia) do/a solicitante. No caso de actuar en representación, fotocopia dos documentos de identidade do/a representante e do/a solicitante, coa autorización escrita deste/a último/a ou copia de poder para representalo/a.
• Persoa Xurídica: a persoa que asina a petición achegará a documentación acreditativa da súa representación e da constitución da entidade representada.
• Xustificante acreditativo do ingreso da autoliquidación das taxas correspondentes.
• Documentación acreditativa da referencia catastral.
• Proxecto técnico redactado por persoal técnico competente e visado polo correspondente colexio profesional.
• Oficios de dirección de obras.
• Estudo de Seguridade e Saúde ou Estudo Básico de Seguridade e Saúde, redactado por persoal técnico competente e visado polo correspondente colexio profesional.
• Cuestionarios de estadística de edificacións.
• En edificacións colectivas presentarase Proxecto de Infraestrutura Común de Telecomunicacións asinado e visado por persoal técnico competente.
• Nos casos de ampliación ou modificación, copia da licenza de obrasanterior.
• No caso de existir edificacións na situación que se pretende para as obras novas, deberá solicitarse previa ou simultáneamente a derruba destas se é preciso.
• Documentación acreditativa da titularidade e extensión da finca.
• Certificación catastral descritiva e gráfica da parcela.