Inicio Áreas Xestión de residuos e limpeza pública de Pontevedra

Xestión de residuos e limpeza pública de Pontevedra

O Concello de Pontevedra traballa co obxectivo de residuos cero, polo que as súas estratexias de xestión dos residuos van encamiñadas a facer deles un recurso municipal a través de distintos programas, dende a reciclaxe até a compostaxe.

A continuación expóñense as distintas liñas de traballo así como accións que se desenvolven para obter unha xestión excelente dos residuos municipais.

RECOLLIDA DOMICILIARIA DE RESIDUOS

No centro urbano, a recollida dos residuos do colector verde (resto) faise cada día, incluídos os domingos, seguindo unhas rutas e frecuencias predeterminadas.

Na zona rural, a recollida realízase dúas veces á semana distintas frecuencias en función da densidade poboacional.

RECICLAXE

Dende fai anos o Concello de Pontevedra ten en marcha o programa de reciclaxe na rúa para toda a veciñanza. Ao longo das rúas da cidade, disponse de illas de reciclaxe cos seguintes contentores:

No colector azul deposítanse os restos de papel e cartón

No iglú verde deposítanse os restos de vidro

No colector amarelo deposítanse outro tipo de envases (plásticos, latas, bricks, etc.)

RESIDUOS VOLUMINOSOS

O Concello de Pontevedra dispón dun servizo de recollida de residuos voluminosos (mobles, colchóns…) personalizado.

Para empregalo é preciso chamar ao número 986 85 02 25 e notificar quen deposita os residuos e de que tipo son. Tamén se lles informa de cando se deben depositar na rúa.

O PUNTO LIMPO

UBICACIÓN:

Polígono do Campiño. Nave de Prezero

https://goo.gl/maps/ZnK9XhdLgNnHpA2w6

HORARIOS:

Martes a venres de 10:00h a 14:00h e de 16:00h a 19:00h
Sábados de 9:00h a 13:00h

ENTREGAS:

É obrigatoria a identificación do vehículo e da persoa que realiza a entrega, que ten que residir no municipio de Pontevedra e xustificalo co seu DNI.
O material deberá estar seleccionado, xa que non se recollen residuos mesturados en caixas a granel.
Todos os materiais teñen unha limitación de peso e volumen asimilables a un uso doméstico.

MATERIAIS ACEPTADOS:

Envases lixeitos de plásticos, latas e briks.
Botellas e envases de vidro
Cables eléctricos
Toner de impresoras
Ferralla e metálicos.
Restos de madeira.
Pequenos electrodomésticos (micro-ondas, rádios, fornos, etc.)
Refrixeradores, arcóns e acumuladores de auga.
Entullos e restos de obra
Pilas e acumuladores
Bombillas incandescentes, led e tubos fluorescentes
Radiografías
Botes de pintura e vernices
Sprais e envases de aerosois
Cintas, DVDs e cintas VHS
TV e pantallas
Aceites domésticos

Icono AZUL Xornada sobre a xestion de residuos e limpeza 200px

Páxina web de Compostaxe

É o programa do Concello de Pontevedra para promover a compostaxe dos residuos orgánicos nos domicilios. Para que COMPOSTA chegue a todas as persoas precisamos que formes parte del. Un paso máis para seguir por diante.

Consultas sobre a lei de residuos

O Concello de Pontevedra, a través da Concellaría de xestión de residuos, pon a disposición do cidadán un formulario de consultas ao respecto da nova Lei 7/2022 de residuos e solos contaminados para unha economía circular.

Outros enlaces de interese

Xornadas sobre Xestión de residuos e limpeza pública

O 25 de marzo de 2021, celebrouse no Pazo da Cultura do Concello de Pontevedra a xornada sobre a xestión de residuos e limpeza pública en Pontevedra.

Licitación do contrato de xestión de residuos

Publicada a concesión do servizo de xestión dos residuos de competencia municipal do Concello de Pontevedra.