Inicio A tua mellor cara

A tua mellor cara

A TUA MELLOR CARA - banner

Queremos potenciar a imaxe dos establecementos comerciais da nosa cidade apoiando o pequeno comercio, como sempre fixemos. Por iso, púxose en marcha o concurso de escaparates do Nadal no que te animamos a participar. Aquí atoparás toda a información:

Se queres que o teu local participe:

Participar é moi sinxelo. Só tes que seguir estes pasos:

  1. Tirarlle unha foto ao escaparate do teu local decorado con motivos do Nadal.
  2. Entrar no Facebook do Concello de Pontevedra e facer clic na publicación do concurso de escaparates do Nadal. Tamén podes facer clic directamente aquí.
  3. Premer en «inscribir local».
  4. Cubrir o breve formulario de rexistro cos teus datos.
  5. Anexar a foto.
  6. Pulsar o boton «terminar».
A TUA MELLOR CARA - banner INSCRIBETE AQUI

A inscrición estará aberta dende o 12/12/2020 ata o 20/12/2020 (ambos inclusive). O día 21/12/2020 abrirase o prazo de votación popular, que estará activo ata o 28/12/2020 ás 22:00 horas. Durante eses días, todas as persoas que queiran poderán votar polo seu establecemento favorito dende o Facebook do Concello. Só terán que premer en «votar» para poder visualizar as fotografías de todos os participantes e emitir o seu voto. O día 29/12/2020, ás 22:00 horas, publicaranse os gañadores nas redes sociais do Concello de Pontevedra.

A todos os establecementos participantes se lles fará entrega dun adhesivo identificativo para que o poñan en lugar visible do escaparate. Os tres máis votados serán os gañadores.

  • Primeiro premio: 1500 €*
  • Segundo premio: 1000 €*
  • Terceiro premio: 500 €*

Se queres votar polo teu local favorito:

As votacións estarán abertas dende o 21/12/2020 ata o 28/12/2020 ás 22:00 horas. Dentro dese prazo, só tes que entrar no Facebook do Concello de Pontevedra e premer no concurso escaparates do Nadal É o momento de mostrares a túa mellor cara. Tamén podes premer aquí.

A TUA MELLOR CARA - banner VOTA AQUI

Xa dentro, poderás ver todas as fotos dos establecementos e votar polo teu preferido.

Entre todos os que voten, sortearanse 20 cheques regalo por valor de 25 €* cada un para trocar en calquera dos locais participantes. O día 29/12/2020, ás 22:00 horas, publicaranse os gañadores nas redes sociais do Concello de Pontevedra.

Moita sorte a todos e felices festas!

*Consulta as bases da promoción no concurso.