Inicio Bono Pontevedra Culturgal 2020

Bono Pontevedra Culturgal 2020

Imaxe Culturgal Pontevedra 2020

AVISO IMPORTANTE!

O Concello de Pontevedra informa aos interesados/as da cancelación da convocatoria Bonos Pontevedra Culturgal 2020 logo do replantexamento da feira. A dirección da mesma considera que, por mor das restricións vixentes especialmente no referente aos aforos, non sería rendible para as empresas a súa presenza mediante stands e prescindirá deste formato de participación na súa 13 edición.

O evento manterá o programa de actividades presenciais en 5 escenarios diferenciados: os espazos Infantil e Libro no Recinto Feiral, o Foro na Sala de Exposicións, Cinema no Salón de Actos e artes escénicas e música no Auditorio do Pazo da Cultura e contará con todo o respaldo do Concello para sacar adiante este novo formato.

Se tedes algunha proposta de actividade que encaixe no programa podedes contactar directamente en propostas@culturgal.com antes do 6 de novembro.

X