MÚSICA
ESCENA
ARTE

Cabos Soltos é un programa municipal dirixido a promover a cultura emerxente da cidade e fortalecer o tecido económico local.

Dunha banda, entendemos que a hostalería é un sector clave na dinamización local así como na xeración de emprego. É indiscutíbel, que algúns locais levan tempo promovendo actuacións en directo de bandas de pequeno formato, así como artistas plásticos, poetas …. sendo unha plataforma imprescindíbel para a cultura de base.

Nun contexto no que oferta de lecer vai encamiñada aos grandes eventos (que sen dúbida contribúen tamén, a economía galega e a difusión da cultura en diferentes formatos expansivos) tamén cremos, desde o concello, que é necesario acompañar esta liña de acción  cun esforzo por garantir que as pequenas salas e estabelecementos poidan seguir programando.

Moito máis sentido ten promover esta iniciativa en Pontevedra, xa que desde fai moito tempo as Concellarías de Xuventude, Normalización Lingüística, Cultura e Promoción da Cidade pularon por crear unha escena creativa a través de diferentes iniciativas coma o  Local de Ensaio, Artistas na Rúa, Pontevedra ten un Puntazo, Sétima Feira, Quince Bolos, Galegote, Pontepoética…. Ademais contamos cun campus especializado na creatividade e diversas iniciativas privadas vencelladas coa filosofía de Cabos Soltos.

Polo tanto, Cabos Soltos nace para  visibilizar a cultura de base, e por continuar apostando pola creación emerxente, básica para manter a nosa política local de apoio á economía creativa  e xorde do diálogo entre sector privado, tanto da hostalería coma cos/as profesionais da creación artística, e o sector público.

Es un/unha artista da cidade? Xenial, estámoste buscando cubre o formulario para que a túa proposta forme parte do catálogo e que os locais poidan poñerse en contacto contigo.

Es un local? Deixa os teus datos neste formulario e contactaremos contigo para adherirte a Cabos Soltos.

Outros eventos de Cabos Soltos

Sen Eventos