Inicio Cabos soltos Festa Cabos Soltos

Festa Cabos Soltos

PROGRAMA DE FESTAS

10.30 / 20.00 CASA DA LUZ ENCONTROS TÉCNICOS

  • 1. A escena musical actual en Pontevedra. 10:30-12:00
    Análise da situación da industria na cidade de Pontevedra. Iniciativas, fitos, oportunidades e riscos e desvantaxes.
    Moderadora: Marisa Ciordia (xornalista PontevedraViva)
    Relatores: Carlos Crespo (Fugas, La Voz de Galicia), Gonzalo Maceiras (coordinador da Escola Estudo Bonobo e músico) e Anabel Gulías (Concelleira de Promoción Económica e Turismo)
    Inscríbete aquí: FORMULARIO INSCRICIÓN
  • 2. Son músico, teño dereitos? O novo Estatuto do Artista. 12:30-14:00
    O Estatuto do artista traerá cambios neste 2019. Así, en avance, a baixada do IVE e o novo tratamento do IRPF foron medidas adoptadas en adianto do que está por chegar.
    Pero, cal é a situación actual? Que novas medidas caben esperar?
    Moderadora: Herminia Martínez (coordinadora de Girando por Salas)
    Relatores: Anxela Baltar (Bala), Manuel Alonso (xerente de Músicas ao Vivo), Carmen Zapata (xerente de ASACC-asociación de salas de concertos de Cataluña e portavoz da PLAM-Plataforma Estatal pola música)
    Inscríbete aquí: FORMULARIO INSCRICIÓN
  • 3. Onde está o meu diñeiro? O marco económico actual e os novos modelos de monetización 16:30-18:00
    A financiación das bandas depende, en gran medida, da capacidade que teñan de xerar ingresos. Como se está a pagar nos festivais ás bandas noveis? É rentable o circuito de salas? Cales son os novos modelos de xeración de ingresos?
    Moderador: Juan Rivas (La 10planta, Ourense ICCWeek, Vive Nigrán)
    Relatores: Ramón Rey García (Avogado especializado en DereitoS de Autor, Castelao Avogados), Miguel Martorell (director de Altafonte Spain) e Alberto Alfonso (director de Art-Music, FIV Vilalba)
    Inscríbete aquí: FORMULARIO INSCRICIÓN
  • 4. The final countdown: morte irreversible do modelo de negocio 18:30-20:00
    O negocio musical, cambiou. E fixoo tan vertixinosamente nos últimos vinte anos que debemos analizar se a industria está evolucionando ao mesmo ritmo que as novas formas de consumo e as tendencias. Estamos preparados para o futuro inmediato?
    Moderadora: Marta Gómez (xornalista, directora de Zigzag diario)
    Relatores: Paula Rego (baterista de Agoraphobia), Rafa López (xornalista, Visado-Faro de Vigo) e Raquel Seijo (promotora, Sweet Nocturna)
    Inscríbete aquí: FORMULARIO INSCRICIÓN

22.00 KARMA ÁNGEL STANICH, TRÍO ACÚSTICO

10.30 / 20.00 CASA DA LUZ ENCONTROS TÉCNICOS 

  • 1. Das salas aos festivais: criterios programativos e conflitos. 10:30-12.00
    As salas foron históricamente o medio natural do nacemento e desenvolvemento das bandas, pero o seu labor cada vez vese máis minguado pola aparición de festivais e as exclusividades que estes esixen aos seus participantes. É posible a harmonía entre ambas realidades?
    Moderadora: Marián Fernández (O Cable Inglés)
    Relatores: Julio Gómez (investigador, director de Sinsal), Tali Carreto (co-director Monkey Week) e Miguel de la Cierva (programador El Naútico)
    Inscríbete aquí: FORMULARIO DE INSCRICIÓN
  • 2. Está a escena musical preparada para a paridade? 12:30-14:00
    Analizaremos se o punto de partida é o mesmo para todos ou se debemos repensar as prácticas actuais e establecer estándares de igualdade de xénero dentro da industria en España.
    Moderadora: Arancha Estévez (xornalista especializada en cultura)
    Relatores: Almudena Heredero (directora do Primavera Pro), Susana Laya (co-directora Atlantic Fest) e Marcela Sanmartín (programadora e creadora de contidos)
    Inscríbete aquí: FORMULARIO DE INSCRICIÓN
  • 3. Resolución de conflitos contractuais. Cumprimos todos coa lei? 16:00-17:30
    Poremos sobre a mesa os problemas aos que nos enfrontamos salas, músicos, festivais e axencias para o cumprimento efectivo das diferentes leis que afectan o desenvolvemento da nosa actividade.
    Moderador: Tomi Legido (vogal da AGPXC- Asociación Galega de Profesionais de Xestión cultural, programador sala Mardi Gras)
    Relatores: Fran Velo (baixista en Heredeiros da Crus e The Lákazans), Xabier Alonso (director da Asociación Festivais de Galicia) e Patricia Gabeiras (doutora en Dereito da Cultura e socia directora da firma Gabeiras & Asociados)
    Inscríbete aquí: FORMULARIO DE INSCRICIÓN
  • 4. Obradoiro: aprender a facer ruído para berrar menos, pero berrar mellor  18:00-19:30
    A intención deste obradoiro é dotar de ferramentas aos artistas para que saiban manexar os recursos que lles permitan acceder aos programadores e aos medios de comunicación.  Dende como preparar unha folla de promo, ata as redes, como enviar un correo electrónico ou como deseñar unha estratexia efectiva para pechar bolos
    Impartido por: Ivone Lesan (Booker internacional, Sala Razmatazz)
    Inscríbete aquí: FORMULARIO DE INSCRICIÓN

21.00 CAFÉ MODERNO “TEATRO ES COMEDIA” COMPAÑÍA 8MM

22.00 EL PEQUEÑO FÉLIX ARIAS

13.00 PAVERO BAR LOS JINETES DEL TRÓPICO

13.30 A ADEGA DOS AVÓS DÉBORAH VUKUŠIĆ

13.30 EL PECADO GALOS DO CURRAL

13.30 TABULA RASA FLIP CORALE

13.30 EL PEQUEÑO SANTI ARAÚJO

17.00 LA PLATERÍA DENOVA

17.00 YE OLDE BASSET LOPE

17.00 SOULBEER RODRIGO VALIENTE

18.00 LA GRAMOLA QUERIDO EXTRAÑO

18.00 O DIAÑO MOLOCH

18.00 PAVERO BAR JACOBO SAINZ

18.00 GRIFÓN PANTANO

19.00 HAMA KING CABRA

19.00 THE GROOVE HOUSE DINGO

19.00 NOVO VIÑEDO DACOVA

20.00 LA POSADA INDIANA PARANOIR

20.00 LIVINGSTONE MIGUEL SILVA

20.00 A TABERNA DO JAZZ LARRY BOOOOWLES

20.00 EL PEQUEÑO CHIKATILO

21.00 EL BRUC DESCONCERTO

21.00 LA BOTICA DR. EXCEPTO

21.00 SOPA DE GALLO RUSTY JAMES & FRINGE

21.00 THE GROOVE HOUSE REAL LA CLIKA

21.00 O DIAÑO JOAO TOMBA

22.00 LA BOTICA QUECO LAGO

22.00 MOMA MÚSICA HALL MR MAGOO

22.00 BANANA BOTTOMBEAT

22.00 ABUELITA COPAS CEDEZAOITO

22.00 EL PEQUEÑO SUGAR MOUNTAIN

23.00 BARAKALDO FRANK?

23.00 LA POMADA TROMPAS DE FARLOPIO

23.00 LA GRAMOLA MOSCA DE COCO

23.00 THE GROOVE HOUSE UNCLE DOC+N.SKILLZZ

FORMULARIOS DE INSCRICIÓN

MÁIS INFORMACIÓN

Cabos Soltos é un programa municipal dirixido a promover a cultura emerxente da cidade e a fortalecer o tecido económico local.

Entendemos que a hostalería é un sector clave na dinamización local así como na xeración de emprego. É un feito que algúns locais levan tempo promovendo actuacións en directo de bandas de pequeno formato, así como a difusión das creacións de artistas plásticos, poetas… sendo unha plataforma imprecindíbel para a cultura de base.

Sen esquecermos da oferta de grandes eventos, que -sen dúbida!- tamén contribúen á economía galega e á difusión da cultura en diferentes formatos expansivos, dende o Concello cremos que é necesario acompañar esta liña de acción cun esforzo por garantir que as pequenas salas e establecementos poidan seguir programando.

E non é casual que esta iniciativa xurda en Pontevedra, onde dende fai moito tempo a Concellaría de Xuventude e as áreas de Cultura e Promoción da Cidade estimularon a creación dunha escena creativa a través de diferentes iniciativas coma o  Local de Ensaio, Artistas na Rúa, Pontevedra ten un Puntazo, Sétima Feira, Quince Bolos, Galegote, Pontepoética… Ademais, contamos cun campus especializado na creatividade e diversas iniciativas privadas vencelladas coa filosofía de Cabos Soltos.

Cabos Soltos nace para  visibilizar a cultura de base, e para continuar apostando pola creación emerxente, fundamental para manter a nosa política local de apoio á economía creativa e xorde do diálogo entre sector privado, tanto da hostalería coma cos/as profesionais (creación artística), e o sector público.

Cabos Soltos empeza xa!!

Os días 21, 22, 23 de marzo temos unha festa de presentación con actuacións pero tamén pensada para que sexa un punto de encontro e debate sobre o panorama creativo. O programa comezará a funcionar de forma regular a partir desa data.

Ver Agenda do PROGRAMA