O convento de Santa Clara é un tesouro da nosa cidade que estivo escondido tras grosas celosías durante séculos. Esta breve mostra de imaxes é unha escolla do que o visitante poderá ver no seu interior a partir de 2022.
Calendario 2022
Máis información
O cenobio, fundado pola congregación das clarisas entre o último cuarto do século XIII e os primeiros anos do XIV a través da doazón de varias familias poderosas da vila, vaise converter nun dos eixos principais do crecemento urbanístico de Pontevedra. Durante todo o século XIII se vai a producir unha política de expansión das ordes mendicantes de agustinos e franciscanos, xunto coas clarisas, amparadas polos reis de León e as autoridades locais como un factor de consolidación do crecemento das incipientes cidades. En Galicia se fundaron os cenobios de monxas clarisas de Santa Clara de Allariz, Santa Clara de Ribadeo, Santa Clara de Santiago e Santa Clara de Pontevedra. O asentamento destes cenobios traen unha nova visión da relixiosidade, xa que estas tres ordes relixiosas predican unha imaxe de Cristo pobre máis próxima a xente do pobo. A este crecemento da relixiosidade hai que engadir a súa cada vez máis puxante industria pesqueira, que perdurará ata finais do século XVI.
O convento de Santa Clara nace en paralelo ao crecemento económico dunha vila que está vivindo un desenvolvemento económico importante marcado pola súa puxante industria pesqueira e a importancia económica do porto, motor da economía da zona e que neste intre é un dos máis importantes de Galicia.
A situación do convento vai a marcar a construción da muralla da vila no século XIV. A pesar de que o convento se sitúa fóra dos muros da cidade, ao seu lado van a abrir unha das sete portas da muralla, que se denominará porta de Santa Clara. O asentamento do convento vai a ser clave para o deseño urbanístico da vila.
No ámbito económico, o cenobio, irá acaparando un importante patrimonio rural ademais, a súa situación urbana, fará que posúan numerosas casas e herdades, dentro e fora das murallas da cidade, que son explotadas a través de contratos forais.
O convento de Santa Clara adquirirá unha gran importancia nesta época, xa que se vai a converter no destino das fillas solteiras da oligarquía da vila, previo pago dunha cuantiosa dote. A entrada de relixiosas ao longo dos séculos permítelle ao convento adquirir numerosos bens pertencentes a patrimonios laicos, que son explotados para o sostemento da economía do cenobio. A vía pola que o convento adquire un maior volume de patrimonio é a través das doazóns, a través de testamentos ou herdanzas. Durante a primeira metade do século XIV é cando acumula un maior volume de doazóns, tanto reais como señoriais, xa que estes precisan da igrexa para asentar o sistema feudal. Durante esta época é cando se leva a cabo a construción da igrexa do convento. As doazóns de orixe nobiliaria serán feitas por membros da alta fidalguía da vila, como os Charino, os Soutomaior ou os Gómez de Cru, destacando entre todas as da compostelán Mayor Pérez, quen foi a artífice da construción da igrexa.
O dominio territorial do convento estendese por un número considerable de parroquias, a gran maioría delas localízanse nas concas fluviais dos ríos Lérez e Umia, polas que descorren os principais camiños que comunican Pontevedra con Castela, Santiago de Compostela e Portugal, que van dende Cotobade, Caldas, Meis, Marcón, Santa Cristina de Cobres, San Martiño de Vilaboa, San Andrés de Xeve, etc.
O carácter urbano deste cenobio non é un feito illado dentro das comunidades femininas galegas, xa que a totalidade delas se atopan en núcleos urbanos. Este feito fai que o convento teña un destacado patrimonio de bens inmobles, dos que obtén uns considerables ingresos a través do seu aforamento.
Durante a segunda metade do século XVII o cenobio vivirá un momento de inestabilidade económica pola caída da percepción das rendas. A crise económica que vivirá o mundo agrario desta centuria afectaralle de forma directa a esta institución. Esta situación vaise agudizar polas devaluacións monetarias aplicadas polos reinados de Felipe IV e Carlos II. A esta caída de ingresos hai que engadir un incremento de relixiosas que ten lugar a partir da segunda metade do século XVIII, o que provoca un acusado incremento dos gastos.
Entre mediados do século XVIII e principios do XIX a situación económica estabilízase por dous motivos, por un lado a estabilidade nos ingresos das rendas, favorecido por unha tendencia alcista dos prezos, e por un descenso no número de relixiosas.
Durante o século XIX a institución vai a ser vítima dos continuos procesos desamortizadores. Nesta centuria tamén vai a vivir unha crise económica, sobre todo por un incremento considerable dos gastos. Será en 1836 cando se inicia a descomposición material do convento co proceso desamortizador de Mendizábal (1836) e o posterior de Madoz (1855).
O convento estivo baleiro durante varias épocas da súa existencia, durante a invasión inglesa, en 1719, as monxas tiveron que abandonalo e trasladarse ao Colexio das Orfas de Santiago. Durante a Guerra da Independencia, en 1808, as clarisas estiveron oito meses entre parentes e benefactores, ata que en setembro de 1809 volveron a un convento saqueado e unha parte del incendiado. En decembro de 1868 tiveron que volver a abandonar o convento para trasladarse a Tui, onde permaneceron ata 1875.
BIBLIOGRAFÍA
Otero Piñeiro, Gabriel. Santa Clara de Pontevedra en la Edad Moderna. Estructura económica del convento (1640-1834). Deputación Provincial de Pontevedra 2003.
Taboada Ribadulla, Roberto e Cores Barcia, Fátima. El convento de Santa Clara de Pontevedra. 2016
Fachada setentrional de Santa Clara.
Cara 1900. F. Zagala. Museo de Pontevedra.
Máis información
Locutorio interior para atender ás visitas das familias das relixiosas.
G. Santos.
Refectorio, lugar sobrio de comida e oración.
1986. Museo de Pontevedra.
Órgano do século XVIII situado no Coro alto.
G. Santos.
Imaxe do xardín de Santa Clara en 1960.
Museo de Pontevedra.
Coro baixo co escudo da Compañía de Xesús e presidido polo facistol.
G. Santos.
Proxecto de ordenación dos accesos ao convento de Santa Clara do arquitecto Pons Sorolla.
1960. Museo de Pontevedra.
Vista aérea das edificacións do convento de Santa Clara.
G. Santos.
Vista exterior do convento de Santa Clara.
1915. J. Pintos. Museo de Pontevedra.
Máis información
Capela dos Anxos situada no “Bosque” do convento.
G. Santos.
Enreixado das fi estras dunha fachada interior do convento.
1960. Museo de Pontevedra.
Xardín e parte do Claustro de Santa Clara.
G. Santos.
Lagar situado nos baixos do convento.
1986. Museo de Pontevedra.
Celosía e cortina do Coro alto que separaba a clausura da igrexa.
G. Santos.
Lavadoiro de pedra da horta do convento.
1905. F. Zagala. Museo de Pontevedra.
Máis información
Altar maior visto dende a zona de clausura.
G. Santos.
Fonte do xardín do século XVI, “irmá” da fonte da praza da Ferraría.
G. Santos.
Vista do convento de Santa Clara dende a horta.
1949. J. Argenti. Museo de Pontevedra.
Corredor de Santa Clara con vistas ao xardín.
G. Santos.
Lavadoiro situado no Bosque xunto á Capela dos Anxos.
1941. J. Argenti. Museo de Pontevedra.
Parte do claustro artesonado, aberto cunha columnata cara ao xardín.
G. Santos.
Capiteis da porta de entrada á clausura, no muro leste do convento.
1960. Museo de Pontevedra.
Máis información
Altar maior de estilo churrigueresco baixo a cuberta da ábsida de bóveda gótica de oito nervios.
G. Santos.
Vista da Rúa de Santa Clara, principos do século XX.
Museo de Pontevedra.
Máis información