Inicio Camiñadas sobre a lingua galega

Camiñadas sobre a lingua galega

O Concello de Pontevedra, a través da Concellaría de Normalización Lingüística, ten á disposición dos colectivos que as soliciten varias visitas guiadas pola Pontevedra vencellada a diferentes persoeiros pontevedreses de relevancia para a lingua galega. Esta actividade realizase ao longo de todo o ano.

Os percorridos están deseñados para:

  • Ligar o uso do noso idioma aos espazos urbanos da cidade.
  • Recuperar e difundir a memoria histórica da lingua en Pontevedra inserida no contorno xeral da historia da lingua galega.
  • Dinamizar os usos orais da lingua galega no ámbito urbano.

(case dúas horas)

Nesta camiñada imos buscar a presenza da nosa lingua na cidade seguindo os pasos de Castelao por Pontevedra. Despois falaremos da figura do artista na Boa Vila, na que sen dúbida foi a súa etapa máis prolífica e, sobre todo, multifacética. A cidade de Pontevedra, neste roteiro, convértese nun auténtico museo urbano a través do que percorrer a vida de Castelao, que é como dicir a vida urbana na época en que a nosa cidade emitía a luz máis nidia do século XX. Aproveitaremos o paseo para recordar outros fitos da historia da cidade.

Percorrido: comezo na praza de San Xosé cunha parada no edificio onde se situaba o Café Moderno, rúa da Oliva, praza da Ferraría, praza da Verdura, praza da Leña, igrexa de San Bartolomeu, Sexto Edificio do Museo, praza da Pedreira, rúa César Boente, praza de Méndez Núñez, rúa Real, praza das Cinco Rúas, praza do Teucro, Teatro Principal, praza de Santa María.

(hora e media)

Este percorrido céntrase na zona antiga de Pontevedra. O itinerario busca dar a coñecer a etapa de Sarmiento na cidade, a súa infancia e a primeira mocidade na casa familiar da praza de Méndez Núñez.

Percorrido: saída desde a praza de Méndez Núñez, rúa Sarmiento, Arcos de San Bartolomeu, praza da Pedreira, rúa do Arco, praza de García de la Riega, Enfesta de San Telmo, praza de Alonso de Fonseca, avenida de Santa María, praza de España, rúa da Alfóndega, rúa Tetuán, rúa Real, Soportais, praza da Ferraría, paseo de Antonio Odriozola, Pasantería e praza da Leña.

Mínimo 15 participantes e máximo 60.

Máis información: Roteiro Sarmiento – Servizo de Normalización Lingüística

(dúas horas)

O itinerario propón un paseo visitando dez puntos significativos da vida e da obra deste persoeiro senlleiro da literatura galega e pioneiro na reclamación da dignidade de Galiza e da súa lingua. Entre outros percórrense o barrio do Burgo, Santa María, San Bartolomeu e a Ferraría.

O Concello de Pontevedra dedicoulle institucionalmente o ano 2011 a Xoán Manuel Pintos, coincidido coa celebración dos 200 anos do seu nacemento no barrio do Burgo. Coñecer a figura de Xoán Manuel Pintos axudará aos participantes a entender os acontecementos políticos, sociais e culturais do século XIX, época de cambios significativos para a cidade de Pontevedra.

Mínimo 15 participantes e máximo 60.
Dispoñemos dunha publicación que complementa o roteiro.

Máis informaciónhttps://snl.pontevedra.gal/roteiro-xoan-manuel-pintos/

(hora e media para nenas e nenos de ata 8 anos acompañados de adultos)

Con esta proposta propoñemos dinamizar o uso da lingua entre nenos e nenas de educación infantil e 1º ciclo de primaria. Os máis pequenos e pequenas farán un percorrido guiado polo centro histórico, para descubrir a cidade a través de xogos. En cada parada haberá unha misión específica e didacticamente axeitada á historia do lugar e á idade dos participantes: na praza da Estrela terán que debuxar as imaxes da Casa das Caras e adiviñar a que gremio pertencen; na da Verdura recrearán un mercado tradicional; medirán o Teucro cos seu pasos xogando coas medidas antigas e na Pedreira pecharán os ollos para recoñecer os sons que habería antes da nosa época.

Idades recomendadas para os participantes: entre 4 e 8 anos.
Número de participantes: 30 como máximo.
As nenas e os nenos deberán estar acompañados de adultos.
Máis información: Roteiro para educación infantil – Servizo de Normalización Lingüística

O percorrido rodea de fóra a dentro da vila, como se esta fose unha prolongación da traxectoria vital da autora que tamén se aproximou á lingua e á cultura galega dende as marxes, dende fóra das nosas fronteiras. A chegada de María Victoria Moreno a Pontevedra cadra con algunhas importantes transformacións na cidade e na consideración social da nosa lingua. Partindo desde a avenida de Vigo, o percorrido permite comprobar como a autora viviu ampliación da cidade e, en paralelo, como viviu e traballou para que o idioma galego recuperase prestixio social.

Percorrido: comeza o roteiro na ponte da avenida de Vigo, continuando por San Pedro Alcántara ata o río dos Gafos e Campolongo, rúa Iglesias Vilarelle, parque da Constitución, praza de Galicia, sobe pola rúa Andrés Murais, rúa García Camba, praza de San Xosé, rúa Pastor Díaz, xardíns das palmeiras ata o IES Valle Inclán, avenida de Santa María, baixada pola rúa Dona Tareixa, parada dinate do Liceo Casino, , praza de Méndez Núñez, praza da Verdura e finaliza diante de San Bartolomeu.

A ter en conta:

Inscríbete aquí

Formulario de inscrición en apuntate.pontevedra.gal