Nun contexto no que Pontevedra vén de confirmar a súa candidatura oficial a Capital Española da Gastronomía 2023, a Concellería de Promoción Económica e Turismo, que dirixe a socialista Yoya Blanco, dá un novo paso en firme na configuración da marca Pontevedra Capital Gastro coa publicación das bases e os criterios que rexerán o proceso de selección das propostas da súa incubadora e aceleradora de proxectos gastronómicos: o Capital Gastro Lab. Deste xeito, todos aqueles profesionais e emprendedores que queiran presentar as súas iniciativas innovadoras a este programa terán ata o día 28 de febreiro para facelo.
Inicio CAPITAL GASTROLAB