Grupo Municipal do BNG
Dirección: Rúa Marquesa, 3 2ºI – 36002 Pontevedra
Teléfono: 986 86 62 05
Correo: pontevedra@bng.gal
Web: bng.gal/pontevedra
Concelleiros
Licenciado en Medicina. Médico. Portavoz do BNG no Concello de Pontevedra desde 1987 e alcalde desde 1999 até a actualidade.
Contacto e redes sociais:
mlores@pontevedra.eu
Facebook
Twitter
Instagram
Licenciada en Ciencias Políticas e da Administración con mestrado en Desenvolvemento Local e Comarcal e cursos de doutoramento en Procesos Políticos Contemporáneos.
Ten experiencia en alta dirección de empresas tanto públicas (foi técnica do Leader para a comarca Deza-Tabeirós) como privadas (foi xerente de Sermos Galiza). Entre 2011 e 2015 Foi portavoz do BNG en Forcarei.
Portavoz do Goberno
Na actualidade, no Goberno municipal é responsábel de:
- Réxime interior, organización da administración e canles de relación coa cidadanía
- Xestión do Padrón municipal de habitantes
- Impulso e xestión dos expedientes de contratación
- Xestión dos fondos EDUSI
- Promoción da cidade e proxección exterior da cidade e do Concello
- Grandes eventos deportivos
- A inscrición e modificación no rexistro municipal de animais potencialmente perigosos
Contacto: agulias@pontevedra.eu
Licenciada en Ciencias políticas e da Administración pola USC (especialidade en estudos de administración pública). Responsábel de Política Municipal na Executiva Nacional do BNG.
No Goberno municipal é responsable de:
- Sostemento dos espazos públicos: actuacións de sostemento e reparación da sinalización horizontal e vertical, mobiliario urbano, iluminación pública e vías públicas urbanas (agás obras completas de reposición), instalacións de empresas subministradoras
- Coordinación e dirección directa da policía local
- A solicitude de autorización para realización de servizos sen uniforme por parte dos axentes da policia local
- Coordinación e supervisión do servizo municipal de extinción de incendios
- Coordinación e supervisión do servizo de protección civil
- Coordinación do plan de emerxencia municipal
- Ocupación de vías públicas (como pasaxes permanentes, veladores, casetas, etc)
- Dirección e coordinación en materia de tráfico, previa tramitación do procedemento regulamentario
- A imposición de sancións en materia de tráfico, previa tramitación do procedemento regulamentario
Contacto:evillaverde@pontevedra.eu
Licenciado en Filoloxía. Ensinante. Concelleiro nos mandatos de 1999, 2003 e desde 2007.
No Goberno municipal é responsable de:
- Proxectos integrais de urbanización e reurbanización
- Coordinación de actuacións urbanas
- Transportes públicos, taxis e transporte a demanda
- Xestión de estacionamentos en réxime de concesión
- Ordenación do estacionamento en vías públicas
Contacto: dgomez@pontevedra.eu
Licenciado en Matemáticas e Pedagoxía. Ensinante. Concelleiro no Concello de Pontevedra desde 1991. É vicepresidente da Deputación provincial de Pontevedra e portavoz do BNG na mesma institución.
No Goberno municipal é responsable de:
- Xestión e ordenación xeral da mobilidade
- Accesibilidade
- Ordenación do territorio
- Infraestruturas de comunicación e dotacións tanto propias como de outras administracións
Contacto: cmosquera@pontevedra.eu
Licenciada en Químicas. Concelleira desde 1995. Nos períodos 2005-2009 e 2012-2013 foi deputada no Parlamento Galego.
No Goberno municipal ten a responsabilidade de:
- Patrimonio municipal
- Actualización de inventarios
- Responsabilidade patrimonial e reclamación de danos ao patrimonio municipal
- Iniciativa, programación e xestión de actividades lúdicas e festas
- Fomento e coordinación de actividades lúdicas promovidas por outras administracións ou entidades
- Dinamización sociocultural
- Xestión do ciclo da auga
- Vicepresidencia do organismo autónomo Pazo de Congresos e Exposicións de Pontevedra
Contacto: cdasilva@pontevedra.eu
Licenciado en Dereito e Económicas. Ensinante. Concelleiro en Pontevedra desde 1991.
No Goberno municipal ten competencias en:
- Orzamentos e gasto público, ingresos.
- Ingresos de dereito privado e de dereito público, tributarios e non tributarios en todo o que non sexa competencia do Órgano de Tesourería e Xestión Tributaria.
- Autorización e disposición de gastos, non atribuídos a outro órgano de goberno por disposición legal.
- Xestión de residuos sólidos urbanos e limpeza viaria.
- Xestión da recollida e tratamento dos residuos municipais, recollida selectiva e contratación destes servizos.
- Obras derivadas do contrato do ciclo da auga.
- Servizos territorializados en Canicouva e Pontesampaio, exercendo todas as competencias municipais do ámbito xeográfico que ten asignado agás as de ordenación do territorio, urbanismo, protección cidadá, deportes, educación e servizos sociais, en coordinación e co criterio do concelleiro que teña delegada a competencia xeral.
Contacto: rgonzalez@pontevedra.eu
Licenciada en Farmacia. Ensinante. Concelleira en Pontevedra desde 2011.
No Goberno municipal ten competencia sobre:
- Negociación de acordos e convenios colectivos, reguladores das condicións de traballo e melloras sociais
- Seguimento e control do cumprimento dos dereitos e deberes do persoal ó servizo do concello
- Promoción e xestión da cultura
- Decisións, propostas e trámites en materia de persoal que sexan competencia da Alcaldía
- Cemiteiros
- Xestión do Pazo de Congresos e Exposicións de Pontevedra e do Teatro Principal
- Presidencia do organismo autónomo Pazo de Congresos e Exposicións de Pontevedra
Contacto: mfouces@pontevedra.eu
Graduado en Relacións Laborais con máster en Profesorado de formación profesional.
No Goberno asume as áreas de:
- Novas tecnoloxías
- Normalización lingüñística e cultural
- Xuventude
- Montes e parques forestais
- Zonas verdes, parques e praias rurais
- Coordinación rural
- Servizos territorializados nas parroquias de Bora, Mourente, Marcón, Tomeza, Salcedo e Lourizán exercendo todas as competencias municipais do ámbito xeográfico que ten asignado agás as de ordenación do territorio, urbanismo, protección cidadá, deportes, educación e servizos sociais, en coordinación e co criterio do concelleiro que teña delegada a competencia xeral
Contacto: aoubina@pontevedra.eu
Técnica en coidados de enfermería. Traballadora xubilada da sanidade pública. Dirixente veciñal. Concelleira desde 2011.
No Goberno municipal é responsable de:
Servizos territorializados nas parroquias de Parroquias de Campañó, Alba, Cerponzóns, Lérez, Verducido, Santa María de Xeve e Santo André de Xeve exercendo todas as competencias municipais do ámbito xeográfico que ten asignado agás as de ordenación do territorio, urbanismo, protección cidadá, deportes, educación e servizos sociais, en coordinación e co criterio do concelleiro que teña delegada a competencia xeral.
Contacto: pcomesana@pontevedra.eu
Arquitecto e músico. Membro da asociación cultural Maravallada.
No Goberno municipal ten responsabilidade en:
- Planeamento urbanístico
- Xestión urbanística
- Licenzas urbanísticas, declaracións responsables e comunicacións previas de obras e actividades
- Disciplina medioambiental, infraccións urbanísticas e reposición da legalidade urbanística
- Ordes de execución e declaracións de estado de ruína
- Dirección, coordinación e imposición de sancións por infraccións ás normas urbanísticas, medioambientais, de seguridade cidadá, ordenanzas, bandos e similares que son competencia de Alcaldía
- Vivenda, areas de rehabilitación integral e outros instrumentos de xestión de vivenda
- Patrimonio cultural e etnográfico
- Actuacións en materia de vivenda: ARI de Estribela e Centro Histórico
Contacto: xmoreda@pontevedra.eu