Inicio contodenadal

contodenadal

Conto de NADAL Banner1

Nesta época do ano, máis aínda se cabe, dende a Concellería de Promoción Económica e Turismo, queremos potenciar a imaxe dos establecementos comerciais da nosa cidade apoiando o pequeno comercio como sempre facemos. Por iso, do 17 de decembro ao 6 de xaneiro, a praza do Teucro vaise converter nun lugar de ilusión, que terá como principal atractivo a exposición «Conto de Nadal de Pontevedra» e como protagonistas os comercios locais da cidade.

Conto de NADAL Banner2

Unha historia creada para lle dar visibilidade ao comercio local de Pontevedra co obxectivo de incentivar as compras do Nadal. Isto vaise realizar a través dunha narrativa na que aparecerán os distintos comercios participantes cun produto que destacar de cada un deles.

Conto de NADAL Banner3

Todos os comercios que queiran formar parte deste conto tan especial só terán que confirmar a súa participación indicando nome do comercio e produto que destacar a través dunha destas canles:

Correo: info@contodenadal.com
Aplicación: WhatsApp
Teléfono: 638 168 744

O prazo de inscrición será dende o 24 ata o 30 de novembro.

Conto de NADAL banner4

Ademais da visibilidade que lles dará a acción, todos os comercios participantes recibirán unha chequeira con participacións para repartir entre os clientes que realicen unha compra no seu establecemento durante as datas da campaña (do 17 de decembro ao 6 de xaneiro). Sortearanse 10 vales de 25 €.

Conto de NADAL Banner5

Os clientes que realicen compras entre o 17 de decembro e o 6 de xaneiro nos establecementos adheridos á campaña, recibirán unha participación, que deberán cubrir cos seus datos e depositar na caixa do correo habilitada na praza do Teucro.

Entre todos os participantes van sortearse 10 cheques regalo por valor de 25 € cada un para trocar en calquera dos locais adheridos. O sorteo terá lugar o día 7 de xaneiro na Casa da Luz e os gañadores serán notificados vía telefónica.

Alén deste sorteo, os cidadáns terán un novo punto de encontro nesta praza da cidade para gozar da decoración do Nadal e dun conto único que, en días determinados, será relatado por un contacontos.

Conto de NADAL Banner6

Aínda que a historia estará exposta durante toda a campaña e poderán lela ou escoitala escaneando un QR que encontrarán na exposición, en datas e horarios concretos a empresa «onde viven os contos» será a encargada de relatala dunha maneira única.

Estes son os días e horarios dos Contacontos:

    • Sábado 18 de decembro: 17:30 horas.
    • Domingo 19 de decembro: 17:30 horas.
    • Xoves 23 de decembro: 17:30 horas.
    • Domingo 26 de decembro: 17:30 horas.
    • Venres 31 de decembro: 12:30 horas.
    • Martes 4 de xaneiro: 17:30 horas.

Dende a Concellería de Promoción Económica e Turismo, animámosvos a coñecer unha historia única.