Non sei se o sabes pero… Ti produces un efecto!

Efecto PO2 é un estilo de vida e de respecto polo medio e pola saúde das persoas que ten en Pontevedra un singular exemplo.

É unha aposta decidida por incrementar a calidade urbana no concello de Pontevedra e seguir sendo pioneira na construción da cidade como un espazo de sociabilidade e cohesión social no marco do desenvolvemento sustentable e respectuoso co medio ambiente.