maio, 2019
Detalles do Evento
Tódalas mulleres que coñezo (Xiana do Teixeiro, 2018, 71 min., VO) Do persoal ao político, as vivencias de mulleres diversas evidencian o masculinizada e violenta que segue a ser a rúa
Máis
Detalles do Evento
Tódalas mulleres que coñezo (Xiana do Teixeiro, 2018, 71 min., VO)
Do persoal ao político, as vivencias de mulleres diversas evidencian o masculinizada e violenta que segue a ser a rúa hoxe en día. En tres conversas reveladoras con amigas, colaboradoras e estudantes de secundaria, a directora busca artellar un discurso sobre o medo que non fomente o medo, un discurso sobre a violencia que non resulte violento. Unha historia de sororidade universal. Un lugar de reflexión sobre a normalización da violencia; sobre unha sociedade que nos substrae as ferramentas para reaccionar ante ela; e, sobre todo, sobre a utilización do medo, do terror sexual, como arma de control patriarcal.
Hora
(Mércores) 20:30
Localización
Teatro Principal, Rúa Paio Gómez Chariño, 6