O himno de recuperación da cidade

Mañá é un proxecto que nace da necesidade de proporcionar á cidadanía música en galego na situación actual de confinamento e de poñer en valor aos artistas noveis da cidade, buscando converter así o vídeo musical nun elemento de apoio e orgullo local.

É un vídeo musical no que participan diferentes artistas da cidade, transmitindo unha visión crítica pero á vez positiva dunha grande oportunidade de converter todo isto nun futuro mundo mellor. Temos un enorme talento musical que provén de anos e anos apostando neste sentido dende diferentes áreas municipais (Local de música, Rock Lab, Xeración Sónica…) que se pode ver plasmado neste proxecto.

“Mañá” nace co obxectivo de dar a coñecer aos artistas noveis da cidade e poñer en valor a música en galego, así como tentar ser unha canción referente para todos os pontevedreses e pontevedresas nun momento coma este.

É un vídeo musical creado en e para Pontevedra. Tanto a súa composición como a súa produción fixéronse na nosa vila. É un proxecto Km 0, no que participan un feixe de artistas do tecido cultural de Pontevedra. Un proxecto colaborativo para reinvindicar a unión e a colectividade nesta época pandémica.

Descargar himno

en versión MP3

Créditos

  • Promove: Concello de Pontevedra. Concellaría de Xuventude
  • Produción do proxecto: Revenidas S.C
  • Composición: Thomas Argibay Walker e Mariña Paz
  • Melodía: Mariña Paz
  • Letras: Mariña Paz e Gonzalo Maceira coa colaboración de Violeta Mosquera, Laura García, e Camilo
  • Dirección artística: Gonzalo Maceira e Artecalavera
  • Produción musical: Gonzalo Maceira e Iago Lorenzo
  • Artistas participantes: Soulmacklein, Malecho, Checho Malkeda, Dani (singer stitch), Mariña Paz, Laura G. Villar, V. Mosquera, Lope, Rodrigo Valiente, Jose Barros, Tea é un paxaro, Sara López, Mavaralla (Xaquín Moreda)
  • Mix e Master: Iago Lorenzo
  • Realización audiovisual: Jose Aragunde
  • Deseño gráfico e animacións: Ana Seoane