Obras de reforma urbana

Un modelo de cidade faise con valentía, ideas claras e participación. Esta páxina recollerá os principais proxectos de reforma urbana que se van desenvolver na cidade nos vindeiros meses e anos. Nela poderase consultar o proxecto, imaxes, vídeos, participar nas asembleas xerais e sectorais que se convoquen e tamén achegar suxestións aos proxectos antes da súa licitación. Contamos contigo!

Reforma de Loureiro Crespo

Reforma Loureiro Crespo

Orzamento

2.900.000 euros

Arquitectos

Rodríguez y Rivoira arquitectos

Obxetivo

Reforma integral de Loureiro Crespo e do barrio do Castañal

Proxecto

A reforma integral de Loureiro Crespo leva a mais alta calidade urbana até o estremo leste da cidade actuando en case 700 metros que van do Hospital á avenida de Lugo, e no barrio do Castañal.

Facer funcionar ben os servizos que non se ven é necesario para xerarmos Efecto PO2: saneamento, abastecemento de auga, rede eléctrica, rede semafórica e telecomunicacións das rúas de Loureiro Crespo, Ernesto Caballero, Amor Ruibal, Mestre Mateo, Ramón Cabanillas e Praza das Regas.

O Concello vai mellorar a calidade urbana duns barrios deseñados nos anos 60 e 70 como colectores de vivendas amoreadas e de vehículos privados: a ganancia de espazo peonil é unha mellora da calidade de vida porque aumenta a autonomía das nenas e nenos e das persoas maiores, porque dá unha oportunidade ao comercio local e porque loita contra a contaminación e a violencia viaria.

Cando rematen as obras todo o ámbito terá unha nova configuración que flúe harmonicamente dende as beirarrúas que conectan coa avenida de Lugo, até as que se van transformando camiño do pavimento da praza do Hospital.

As árbores serán as novas veciñas da rúa formando un paseo que tamén vai cambiando dun estremo a outro.

Alumeado e mobiliario público completan a reforma de todo este ámbito da entrada leste da cidade.

O proxecto está dividido en tres ámbitos:

ZONA A – Da rotonda da praza da Zanfona á rúa de Casimiro Gómez

  • Alargamento das beirarrúas (de baldosa e granito) e estreitamento do carril (de asfalto)
  • Banda de aparcamento á dereita (en formigón)
  • Alcorques de granito para prantar prunos que dan continuidade dende o treito x reformado
  • Renovación completa do alumeado (farola VEDRA)
  • Renovación do mobiliario
  • FITO: A Rotonda de 12 de Novembro
    • Alumeado cunha columna PONTE
    • Porta de entrada con 2 liquidambar de grande porte que fan comezar a transición a un novo espazo

ZONA B - De Casimiro Gómez a Antón Fraguas

  • O carril de asfalto cara Antón Fraguas
  • Dúas beirarrúas con taxis na dereita e servizos á esquerda
  • Unha beirarrúa continúa coa baldosa e bordillo de granito
  • Outra beirarrúa (a norte) com “lousa vulcano como a da praza do hospital
  • Renovación do alumeado e do mobiliario
  • Continúa o arborado com PRUNOS
  • Grandes matos de arborado en pezas de formigón (3 e 2 BÉTULAS) nas estremas do ámbito. Arborado e materiais para marcar a transición.

ZONA C - De Antón Fraguas á praza do Hospital – Alargamento da praza do Hospital

  • Dúas bandas laterais de “lousa vulcano” e unha central de formigón negro en plataforma única
  • Arborado máis mesto (como no “bosque” da praza) com QUERCUS PALLUSTRIS que teñen a forma do liquidámbar da praza e a tonalidade dos prunos
  • Novos elementos de formigón en consonancia co piso
  • Novo mobiliario, alumeado máis denso cara a zona de estancia

Planos

Galería de imaxes

Danos a túa opinión!

Indícanos cales son as túas necesidades e valorarémolas porque a túa opinión conta.

PONTEVEDRA SUPERA logo + Concelleiro