Obras de reforma urbana

Un modelo de cidade faise con valentía, ideas claras e participación. Esta páxina recollerá os principais proxectos de reforma urbana que se van desenvolver na cidade nos vindeiros meses e anos. Nela poderase consultar o proxecto, imaxes, vídeos, participar nas asembleas xerais e sectorais que se convoquen e tamén achegar suxestións aos proxectos antes da súa licitación. Contamos contigo!

Reforma da praza de Barcelos

Imaxe reforma Praza de Barcelos

Orzamento

5.792.987 euros

Arquitectos

2C arquitectos

Obxetivo

Crear unha praza aberta á contorna e á veciñanza que favoreza a actividade comercial e priorizar, por riba de todo, os usos infantís.

Proxecto

  • Beirarrúas de formigón ao igual que Arcebispo Malvar ou a zona da Ponte do Burg
  • Traslado da área infantil a unha zona máis central da praza.
  • Duplícase o espazo infantil con 2 zonas de xogos.
  • Cambio da zona deportiva que se traslada ao actual parque infantil. Créanse dúas zonas deportivas.
  • A zona deportiva disporá de distintos equipamentos, entre eles mesas para xogar a tenis de mesa.
  • Reserva dunha zona diante do centro de ensino para ser o patio do colexio. O tratamento e o equipamento será definido polo centro.
  • Incremento das zonas de sombra e da zona verde cara a zona de Santa Clara.
  • Mantéñense os plátanos centenarios, e plántanse novas especies creando un paseo e zona de estancia, cunha pradaría que se estende ao centro da praza.
  • Instalación dunha pérgola central.
  • Na contornada praza, amplíanse as beirarrúas e o deseño da praza permitirá que os negocios se vexan dende a praza.
  • Disporá de estacionamentos de servizos de uso ao comercio.
  • Mantense un único carril con sentido único de circulación con entrada dende Perfecto Feijoo e saída cara Cobián Roffignac.
  • Nova iluminación e mobiliario.
  • Renovación de todos os servizos soterrados: rede de saneamento, pluviais, eléctrica, fibra…

Fases do proxecto

A reforma da Praza de Barcelos realizarase en varias anualidades, debido a envergadura da operación. Inicialmente está prevista unha primeira actuación nas beirarrúas perimetrais e na calzada. Ademais da transformación en superficie cambiaranse todas as canalizacións soterradas que dan servizo á praza.

Nesta fase tamén se inclúe a retirada do transformador de Fenosa do Colexio de Barcelos e situarase fóra do centro de ensino.

O Concello reserva para esta primeira actuación un investimento de 1.735.000 euros máis 176.000 euros para o soterramento da estación transformadora do colexio.

Documentos

Galería de imaxes

Danos a túa opinión!

Indícanos cales son as túas necesidades e valorarémolas porque a túa opinión conta.

Asemblea virtual!

Transformamos as asembleas veciñais en asembleas virtuais.

Esta asemblea será para estudarmos xuntos o proxecto de reforma da Praza de Barcelos este mércores, 3 de marzo ás 20.00 horas.

Se vives na Praza de Barcelos ou nos seus arredores, inscríbete no formulario de participación e recibirás un enlace para unirte á reunión.

Pódeste inscribir até o martes ás 22.00 horas!

miniatura Cartel reforma Praza de Barcelos
PONTEVEDRA SUPERA logo + Concelleiro