Obras de reforma urbana

Un modelo de cidade faise con valentía, ideas claras e participación. Esta páxina recollerá os principais proxectos de reforma urbana que se van desenvolver na cidade nos vindeiros meses e anos. Nela poderase consultar o proxecto, imaxes, vídeos, participar nas asembleas xerais e sectorais que se convoquen e tamén achegar suxestións aos proxectos antes da súa licitación. Contamos contigo!

Reforma da rúa A Santiña

Imaxe reforma A Santiña

Orzamento

1.804.914 euros

Arquitectos

Abalo Alonso arquitectos

Obxetivo

Mellorar a calidade urbana da rúa e a calidade de vida dos veciños e das veciñas do Burgo e completar o treito urbano do Camiño de Santiago.

Proxecto

Proxecto en 2 tramos

  • Entre o cruzamento coa avenida da Coruña e a rúa Valentín Paz Andrade, con carácter máis urbano. Dividido á súa vez en tres tramos.
    • O primeiro tramo terá un carácter máis urbano tradicional con edificios da segunda metade do século pasado
    • O segundo tramo ten un carácter máis industrial coa presenza de garaxes e locais de servizo
    • O terceiro tramo, con edificios tradicionais na zona oeste e ao leste con edificios de tres ou catro alturas (traseiras da avenida da Coruña)
  • Dende Valentín Paz Andrade até a rúa da Gándara, cun carácter máis rural.

Elementos do proxecto

  • Pavimento continuado en toda a rúa para unificar a intervención. Será de formigón.
  • Arborado: dá un tratamento continuado de paseo e fará máis brando o percorrido.
    • Na parte máis próxima á ponte do Burgo, plantación de árbores tipo liquidámbar;
    • Segundo treito, plantación de ameixeiras púrpuras para suavizar a zona máis industrial da rúa
    • Terceiro treito, liña de árbores que remata nun conxunto árboreo onde se instalaría unha zona de estancia
    • Na zona máis rural, plantaríase unha ringleira de chopos.
  • Mobiliario: contémplanse varias áreas de estancia ao longo do percorrido por medio de bancos illados nas zonas máis estreitas e nos cruzamentos, e con cadeiras illadas e un bando lineal baixo a nova zona de arborado que se creará. Tamén se inclúe unha zona de descanso no extremo norte e a conservación da fonte.
  • Alumeado: inclúe iluminación vertical a través de báculos illados ou suxeitos nas fachadas e sinalización de cortesía integrada nos bancos, nos muros e no chan.
  • Renovación dos servizos de saneamento, augas, soterramento do servizo de electricidade, así como de gas e telecomunicacións.

Planos

Galería de imaxes

Danos a túa opinión!

Indícanos cales son as túas necesidades e valorarémolas porque a túa opinión conta.

Asemblea virtual!

Transformamos as asembleas veciñais en asembleas virtuais.

A primeira será para estudarmos xuntos o proxecto de reforma da rúa Santiña este xoves, 11 de febreiro ás 20.00 horas.

Se vives na Santiña e no barrio do Burgo, inscríbete formulario de participación e recibirás un enlace para unirte á reunión.

Pódeste inscribir até o martes ás 22.00 horas!

Cartel Mockup reforma rúa A Santiña
PONTEVEDRA SUPERA logo + Concelleiro