Cerponzóns

Cerponzóns pertenceu hai anos ao agora inexistente concello de Alba. Sitúase ao norte da capital e linda con Alba, Verducido e Lérez.

O Camiño Portugués a Santiago entra en Cerponzóns pola ponte de san Caetano. Cómpre visitar nesta parroquia a igrexa de san Vicente, un edificio do século XII con diversas reconstrucións posteriores que fan que non teña un estilo definido. Tanto no seu interior como no seu exterior, poden contemplarse varios escudos nobiliarios da familia Osorio-Galos. O templo está situado nun cotarelo desde o que se divisa unha espléndida panorámica do río Lérez.

Tamén se conservan na parroquia tres cruceiros e varios muíños no curso do río Rons, algún deles aínda en funcionamento, ademais de catro edificios nobres, anteriores ao século XVIII, entre eles a casa reitoral.

A festa patronal celébrase o cuarto domingo de xaneiro (san Vicente) e tamén a do Corpus Christi, coas súas alfombras florais.

O Consello parroquial de Cerponzóns

  • Está integrado por dezaséis persoas de distintas entidades e asociacións da parroquia, e algunha a título particular.

O Plan de parroquia

O plan de parroquia foi elaborado durante varios meses e está formado polos seguintes documentos: