Segundo recolle o Regulamento Orgánico do Pleno e das súas comisións, créase a Comisión Especial de Suxestións e reclamacións ó abeiro do disposto no artigo 132.1 da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das bases do réxime local, para a defensa dos dereitos dos veciños ante a Administración municipal.
Corresponde á Comisión Especial de Suxestións e Reclamacións velar pola defensa dos dereitos dos veciños nas súas relacións coa Administración Municipal supervisando a actividade da mesma e a dos seus organismos autónomos e entidades públicas empresariais creadas polo Concello.
Se quere coñecer as competencias e o funcionamento da Comisión, consulte o extracto do Regulamento do pleno sobre a Comisión que figura na normativa, nesta mesma páxina.