Inicio Participa Danos a túa opinión Procesos conclusos Achegas veciñais sobre o novo contrato do lixo

Achegas veciñais sobre o novo contrato do lixo

Retos europeos no uso eficiente dos residuos

Estimado veciña/o:

En xuño do ano 2021 remata o prazo da vixente concesión dos servizos de recollida de lixo e limpeza viaria que foron contratados polo Concello de Pontevedra no ano 1999.

Tales servizos son decisivos para mellorar a calidade de vida dos veciños e veciñas de Pontevedra, e supoñen un consumo de recursos económicos relevante. De feito, de cada euro que gasta o Concello, aproximadamente 13 céntimos teñen este destino.

Durante o presente ano e o vindeiro, o Concello quere realizar un estudio profundo do servizo e da súa situación, tendo en conta a problemática e deficiencias actuais. A participación dos cidadáns permitiranos desembocar nunha proposta de mellora para acadar os retos europeos con estes índices de reciclaxes que se incluíran como obxectivo no vindeiro contrato do lixo:

  • 50% no ano 2020
  • 55 % para 2025
  • 60% no 2030
  • 65% no 2035

Cabe lembrar que a Directiva Europea Marco de Residuos trasposta á normativa interna a través do PEMAR (Plan Estatal Marco de Xestión de Residuos) e do PXRUG (Plan de Xestión de Residuos Urbanos de Galicia), obriga a acadar -para os residuos domésticos- un índice global de reciclaxe do 50% no ano 2020 (biorresiduos 50%, papel-cartón 70%, vidro 60%, envase lixeiros 65% etc.).

Polo tanto, para deseñar o futuro inmediato destes servizos de hixiene urbana en Pontevedra é imprescindible contar coa opinión e implicación cidadá, tomando boa nota das deficiencias e carencias existentes, e poñendo no horizonte o cumprimento dos obxectivos da citada Directiva europea.

Con tal motivo convídoo a que faga chegar, a través desta paxina web, as súas achegas ou dúbidas que contribuirán a ter unha Pontevedra mellor coidada e en sintonía coa Europa eficiente no uso dos recursos.

Agradézolle de antemán a súa colaboración e saúdo moi atentamente

O Sr. Concelleiro Delegado para a Xestión dos residuos urbanos
Raimundo González Carballo

FORMULARIO