Nesta sección atopará unha estatística dos correos que se reciben a través da dirección mail contacto@pontevedra.eu que aparece no formulario ao pé desta páxina web. Nesta estatística faise fincapé no número de correos recibidos, a temática do seu contido, a quen foi derivado (ou non) para ser respostado e a lingua que empregan os usuarios que trasladan algunha cuestión ao Concello.
Estas estatísticas serán actualizadas cada mes, incorporando os datos a mes vencido.
A través deste correo póñense en contacto co Concello tanto veciños ou usuarios a título particular como colectivos e asociacións, polo que o Concello considerao un vehículo válido para que as entidades do concello estean en permanente contacto coa institución trasladando as súas peticións, suxestións, achegas… e que se vén a sumar ás vías convencionais de comunicación institucional como o Rexistro Xeral Municipal ou os contactos en persoa con servizos e concelleiros.