Están concebidos como órganos de participación democrática. Neles teñen representación todos os sectores do ámbito territorial da parroquia: veciñais, comunais, culturais, etc. O seu obxectivo é planificar as actuacións do Goberno Municipal en cada parroquia e fixar prioridades a curto, medio e longo prazo.