A área urbana e cada parroquia terá un responsábel político como interlocutor das consultas das asociacións e entidades territoriais sexan do ámbito que sexa (sociais, veciñais, comunais…).
O concelleiro Demetrio Gómez é o coordinador da participación social no ámbito urbano e rural.
No ámbito urbano os concelleiros responsábeis son:
- Demetrio Gómez, coordinador e responsabel da área leste e oeste.
No ámbito rural, os concelleiros responsábeis son:
- Demetrio Gómez, coordinador e concelleiro responsábel de Lourizán.
- Pilar Comesaña, concelleira responsábel de Lérez, Alba, Cerponzóns, Campaño, Verducido, Santa María de Xeve, Santo André de Xeve.
- Alberto Oubiña, concelleiro responsábel de Bora, Mourente, Marcón, Tomeza e Salcedo.
- Raimundo González Carballo, responsábel de Canicouva e Ponte Sampaio.