A parroquia sitúase no nordeste da cidade e linda con Santa María de Xeve, Mourente, Bora, así como co veciño concello de Cotobade. Na parroquia emprázase o campo de tiro de Cernadiñas Novas, onde se celebran importantes competicións nesta modalidade deportiva.
Destacan a igrexa parroquial (do século XVI e reformada no XVII), a casa reitoral, situada nas súas inmediacións, e a capela de san Roque.
O patrón da parroquia é santo André e a súa festa celébrase o día 30 de novembro. Tamén se celebran os días de san Roque, do Santísimo (no primeiro domingo despois do Corpus Christi) e da Virxe do Carme (o terceiro domingo de agosto).
O Consello parroquial de Santo André de Xeve
- AAVV O Crabadoiro
- ANPA Santo André de Xeve
- Asociación de Viticultores
- Asociación Xuvenil Cova da Moura
- 7 representantes de A.R. Xeve
- C.D.A.R. Xeve
- Comunidade “A Fiqueiriña”
- C.M. Vocal Fragoso
- C.M. Vocal Santa Cruz
- C.M. Xeve
- 2representantes de Asociación Cultural Santo André de Xeve
- Comunidade de augas V.D. Fragoso-Santa Cruz
- Ficoso Comunidade de Augas
- Val do Lérez. Asociación Mulleres do rural
O Plan de parroquia
O plan de parroquia foi elaborado durante varios meses e está formado polos seguintes documentos:
- Portada
- Memoria
- Situación
- Diagnose 1
- Diagnose 2
- Diagnose 3
- Diagnose 4
- Diagnose 5
- Diagnose 6
- Viario peonil
- Plan arranxo fontes
- Plan arranxo pistas
- Roteiro interparroquial 1
- Roteiro interparroquial 2
- Equipamentos