[sections collapse=”always”]
[section title=”A praza de Galiza”]
O trolebús que unía a capital con Marín, pola rúa González Besada, que hoxe loce reformada, con beirarrúas anchas e tráfico calmado, como podemos observar en varias fotografías
O tranvía daba a volta no antigo hotel Palace, situado entre as rúas Andrés Muruais e a actual Praza de Galiza, entón chamada Praza da Estación
Nalgunhas imaxes poden verse aínda os restos da vella Estación, así como o proceso de conversión na actual Praza de Galiza.
[/section]
[section title=”O Polígono residencial”]
Diversas fotografías do polígono de antes e o de agora, que inclúen instantáneas da rúa García Sánchez, en plena construción, unha primeira maqueta do polígono, unha vista de algúns dos eucaliptos que se mantiveron do antigo Pazo de Campolongo, a primeira reforma da Praza de Galiza, os derrubos da vella Estación, e unha visita das autoridades da época, co cartel da importante obra de transformación urbana.
[/section]
[section title=”O río dos Gafos”]
Nestas estampas poden verse varias perspectivas relacionadas co río dos Gafos… tres momentos de Ponte Boleira, que salvaba do Gafos a estrada (hoxe avenida) de Vigo, estampas da vella ponte do Couto, na zona do Marco, esceas antigas e actuais da suxestiva ribeira, o armacén de madeiras Gil, na Ponte da Tablada, o muiño e a que puidera ser a súa canle, o río escondido e a esperanza de poder continuar a súa recuperación e xa perto da desembocadura, a zona do lavadeiro do Peilán, que hoxe pode volver a camiñarse.
[/section]
[section title=”Oliva – San Xosé”]
A Praza de San Xosé e a rúa da Oliva constitúen o vencello natural de Campolongo co centro da cidade. As imaxes mostran diversas perspectivas desta zona.
O Café Moderno edificouse no solar que antes ocupaba un extenso edificio almenado, de estilo pacego, do que hoxe só queda un corpo, perto da rúa da Oliva. Na mesma praza atopábase o Hotel Méndez Núñez, que foi substituído por outros edificios.
O Centro Cultural Caixanova (que tamén fóra sede central de Caixa Pontevedra) ocupa o solar no que antano se erguía a capela de San Xosé. Hoxe é o nome dunha rúa que comunica a praza do mesmo nome coa da Libertade, e antes decorría baixo unha ponte do tren.
[/section]
[section title=”A antiga estación”]
Nas fotos aéreas pode observarse o emprazamento a respeito do resto da cidade, no que actualmente é a Praza de Galiza.
O último billete vendido en Campolongo, ao estudante Ángel Agrasar.
A estación en construción, alá por 1886
Varias vistas da Estación derrubada nos anos 70
A gran marquesina de Campolongo, unha escasa lembranza da antiga Estación
A praia de vías ocúpana hoxe as rúas García Sánchez e Praza de Galiza. A ponte da Av. de Vigo aínda cumpre a súa función.
[/section]
[section title=”O Pazo de Campolongo”]
O pazo de Campolongo, coa súa torre almeada era sen dúbida o edificio máis característico do barrio durante anos. Parte del ubícase agora na Casa de Campo de Madrid, como exemplo da arquitectura fidalga de Galiza. Como pode verse, tiña cruceiro e capela de seu.
Ocupaba o espazo no que se atopa o edificio comercial de Xeneral Rubín, e a súa finca ubicábase entre Xeneral Rubín, Fernández Ladreda e a antiga estación (hoxe Praza de Galiza)
Un antigo barracón deportivo, dentro da finca do Pazo, ubicado na Av. de Fernández Ladreda, foi sede provisoria da Capela de San Xosé, mentres non construiron a actual igrexa.
O Pazo tiña unha magnífica pista de atletismo. Hoxe, Campolongo tamén é un referente deportivo da capital, polas piscinas e as pistas polideportivas dos parques.
[/section]
[section title=”O cuartel de Campolongo”]
O cuartel foi derrubado para dar paso ao espazo urbano que actualmente acolle á Xunta, a Axencia Tributaria, un parque, vivendas, un clube de ocio militar, un aparcadoiro, unha nova rúa e unha nova praza. Ademáis, fixo poísbel a renovación de todas as rúas perimetrais: Fernández Ladreda, Alfonso X, Luis Braille e Blanco Amor.
Unha das fotos é unha ortofoto (ou foto plana) do cuartel e o seu perímetro. Tamén unha vista aérea de cando aínda non estaba construido o polígono residencial.
As rúas que arrodeaban o cuartel están xa urbanizadas e ofrecen un aspecto semellante ás rúas do centro da capital.
O actual colexio da ONCE, pendente dunha xestión urbanística para se converter nun equipamento público, comezou sendo un colexio dos Maristas.
[/section]
[section title=”Antigas imaxes aéreas”]
A de cor, é unha imaxe aérea dos anos 60, donde aínda se observa a traza do antigo ferrocarril, que se corresponde hoxe co eixo urbano Raiña Victoria – García Sánchez – Praza de Galiza – Eduardo Pondal
En branco e negro podemos ver o espazo que ocupaban o Polígono e o Cuartel de Campolongo antes do derrubamento definitivo da Estación de Ferrocarril. Xa non existía o antigo Pazo.
[/section]
[section title=”A Audiencia”]
A Audiencia antes era a cadea. Despois tivo un veciño incómodo: o ferrocarril, con paso a nivel e todo, que circulaba dese a actual estación ate a Ponte da Barca polo que hoxe é Eduardo Pondal, García Sánchez, Praza de Galiza, Raíña Victoria e Paseo de Colón… hoxe, Rosalía de Castro é unha rúa renovada, co tráfico calmado e espazos dedicados ao ocio.
[/section]
[/sections]