As ARBORES da cidade - page 101

Nomes populares
:
gal
.: camelia reticulata;
cast
.: camelia reticulata.
Etimoloxía
: o nome do xénero foi dado na honra do botánicoGeorg Josel Kamel (1661-1706),
farmacéutico xesuíta, nado enBrno,Moravia e que dende 1688 foi misioneiro enLuzón (Filipinas),
o que lle permitiu estudar a flora e a fauna desta área, traballos que lles remitiu aos seus colegas
ingleses Ray ePetives, que, en diversas publicacións, latinizaron o apelidoKamel como
Camellus,
queLinneo (L.) transformou en
Camellia
ao bautizar este xénero; o epíteto específico provén do
latín
reticulatus
, reticulado, polas súas follas con nerviosmarcados a xeito de rede.
Familia
:Theaceae.
Orixe
: sur de China.
Utilidades e curiosidades
: a camelia, nas súas diversas especies (entre as que
Camellia
reticulata
ocupa un lugar especial polas flores vistosas e de bo tamaño), variedades e híbridos, é
unha das plantas máis populares da Galicia litoral. Celébranse festas e concursos para honrala; o
quemaior sona ten é o Concurso-Exposición Internacional da Camelia, que se celebra de xeito
rotatorio entre Pontevedra,Vigo eVilagarcía. Destaca a súa flor, que nesta especie pode ter
varias cores (branco, rosa ou vermello) e formas (simple, semidobre ou dobre) emoitas
variedades, aínda que non tan numerosas como no caso de
Camellia japonica
.
Momentos demaior interese ornamental
: todo o ano, aínda que
especialmente no seu período de floración, que, nesta variedade
(da que descoñecemos o seu nome), abrangue desde
febreiro a abril.
Localización e número de exemplares
: lateral da
igrexa de San Xosé (1).
Pontevedra_As árbores da cidade
Camellia reticulata
Lindl.
69
Anxiospermas
a
b
1...,91,92,93,94,95,96,97,98,99,100 102,103,104,105,106,107,108,109,110,111,...320
Powered by FlippingBook