As ARBORES da cidade - page 102

Pontevedra_As árbores da cidade
Camelliaxwilliamsii
W.W. Sm.
70
Anxiospermas
Nomes populares
:
gal
.: camelia híbrida, camelia deWilliams;
cast
.: camelia híbrida, camelia de
Williams.
Etimoloxía
: o nome do xénero foi dado na honra do botánico Georg Josel Kamel (1661-1706),
farmacéutico xesuíta, nado en Brno,Moravia e que dende 1688 foi misioneiro en Luzón
(Filipinas), o que lle permitiu estudar a flora e a fauna desta área, traballos que lles remitiu aos
seus colegas ingleses Ray e Petives, que, en diversas publicacións, latinizaron o apelido Kamel
como
Camellus,
que Linneo (L.) transformou en
Camellia
ao bautizar este xénero; o epíteto
específico refírese a John CharlesWilliams (1880-1939), quen obtivo este híbrido.
Familia
:Theaceae.
Orixe
:
híbrido hortícola entre
Camellia saluenensis
Stapf ex Bean e
C. japonica,
obtida cara a
1930 por John CharlesWilliams, de Caerhays Castle, Cornualles, Inglaterra.
Utilidades e curiosidades
: a camelia, nas súas diversas especies (entre as que
C. xwilliamsii
ten unhas flores vistosas), variedades e híbridos, é unha das plantas máis populares da Galicia
litoral. Celébranse festas e concursos para honrala; o quemaior sona ten é o Concurso-
Exposición Internacional da Camelia, que se celebra de xeito rotatorio entre Pontevedra,Vigo e
Vilagarcía. Destaca a súa flor que, neste híbrido, segundo a variedade, será de cor branca (como
o exemplar que censamos, aínda que descoñecemos o nome da variedade), branco tinguido de
rosa ou rosa), de forma simple ou semidobre. Híbrido do que se obtiveron bastantes variedades,
aínda que non tan numerosas como no caso da
Camellia japonica
.
Momentos demaior interese ornamental
: novembro-xaneiro, cando se encontra en floración.
Localización e número de exemplares
: avenida de Eduardo Pondal (1).
a
1...,92,93,94,95,96,97,98,99,100,101 103,104,105,106,107,108,109,110,111,112,...320
Powered by FlippingBook