As ARBORES da cidade - page 109

Pontevedra_As árbores da cidade
Chamaeropshumilis
L.
77
Anxiospermas
Nomes populares
:
gal
.: palmito;
cast
.: palmito,margallo,margallón.
Etimoloxía
: o xénero procede do grego
chamai
, pequeno e
rhops
, arbustivo, polo seu pequeno
porte; o epíteto específico,
humilis
, refírese ao reducido tamaño desta especie en relación a
outras.
Familia
: Palmaceae.
Orixe
: rexiónmediterránea, excepto Exipto.
Utilidades e curiosidades
: especiemoi usada como ornamental na rexiónmediterránea.A
xema apical desta planta (chamada tamén palmito) é comestible, acostúmase consumir en
ensaladas e comercialízase fresca ou en conserva; tamén é comestible a espata que protexe á
inflorescencia, cando aínda está tenra (enAndalucía chámase“higa”).As follas úsanse para
facer varredoiros, capachos e esteiras.
Momentos demaior interese ornamental
: todo o ano.
Localización e número de exemplares
: cemiterio de SanAmaro (1); praza do Gremio de
Mareantes (1); avenida das Corvaceiras (1);Domingo Fontán (parque demaquinaria da
Deputación Provincial de Pontevedra) (1).
a
1...,99,100,101,102,103,104,105,106,107,108 110,111,112,113,114,115,116,117,118,119,...320
Powered by FlippingBook