As ARBORES da cidade - page 117

Nomes populares
:
gal
.:
laranxeira;
cast
.: naranjo, naranjo
de la China, naranjo dulce.
Etimoloxía
: o xénero é o nome
dado polos romanos a estas
árbores, que procede da palabra
grega
kitros.
O epíteto específico
vén do latín
sinensis
, polo súa
orixe chinesa.
Familia
: Rutaceae.
Orixe
: probablemente orixinaria
de China.
Utilidades e curiosidades
: árbore
interesante como ornamental
polas súas flores brancas
arrecendentes (flores de azar) e
os seus froitos, as laranxas, desta
mesma cor, doces ou algo acedos
e que se usan para comer en
fresco ou para facer zumes,
xeados... é unha especie que foi
hibridada numerosas veces para
mellorar as características dos
seus froitos e así obtivéronse
moitos cultívares. O principal
problema que presentan, como o
resto dos cítricos enmaior ou
menor medida, é a tendencia que
teñen a ser atacadas as follas,
pólas e froitos por insectos
(cochinillas, pulgóns…) e fungos
(fumaxina), o que fai que sexa
necesario aplicarlles produtos
fitosanitarios conmoita
frecuencia. Nos xardíns de
Pontevedra a orixe destas plantas
é,maioritariamente, de antigos
hortos que se axardinaron. Na
praza de FranciscoTomás yValiente hai un exemplar
(b)
formado por dúas variedades
diferentes (ao parecer enxertados por aproximación) que florecen e frutifican con varios meses
de diferencia, polo que é fácil ver media planta en flor e a outrametade con froitos.
Momentos demaior interese ornamental
: primavera cando florea e en outono - inverno, cando
madurecen os seus froitos.
Localización e número de exemplares
:ArcebispoMalvar (4); praza do Organistro (1); praza
dos Soutos (7); CEIPCampolongo (1); FranciscoTomás yValiente (praza) (4).
Pontevedra_As árbores da cidade
Citrus sinensis
(L.) Osbeck
85
Anxiospermas
a
b
1...,107,108,109,110,111,112,113,114,115,116 118,119,120,121,122,123,124,125,126,127,...320
Powered by FlippingBook