As ARBORES da cidade - page 122

Pontevedra_As árbores da cidade
Corylusavellana
L.
89
Anxiospermas
Nomes populares
:
gal
.: abeleira, abelaneira, abelaira;
cast
.: avellano.
Etimoloxía
: o xénero procede do grego
koris
, casco, por mor de ter o froito protexido por un
involucro e era o nome usado polos romanos, tanto para designar a árbore como o froito. O
epíteto específico, ao parecer foi dado na honra da cidade italiana
AbelaVecchia ouAvella
(cerca deNápoles), onde se criaban e consumían as abelás en grande abundancia.
Familia
: Betulaceae
Orixe
: Europa eAsia occidental.
Utilidades e curiosidades
: cultivada como especie froiteira polos seus froitos
(b)
, as abelás, nome
co que tamén designamos a súa semente, a única parte comestible, en fresco ou torrada e usada
na elaboración de diferentes doces. Como ornamental, resulta atractiva en calqueramomento do
ano: no inverno coa floración constituída por amentos pendurantes, na primavera coas follas verde
claro, e no verán e comezos do outono coa formación emaduración dos froitos.As pólas finas
usáronse para cestería e as grosas, para doelas de bocois.Amadeira é branco-avermellada, lixeira,
empregada para facermangos de ferramentas, cribas, avións de aeromodelismo ou carbón para
pólvora.Ademais, xa que tanto a casca coma as follas son astrinxentes, foron usadas para deter
diarreas e hemorraxias. Porén, a casca do froito é diurética.
Momentos demaior interese ornamental
: practicamente
todo o ano, pola follaxe da primavera ao outono, a
floración no inverno e a frutificación a finais do
verán e comezos do outono.
Localización e número de exemplares
: CEIP
Campolongo (4); IESAXunqueira (3).
a
b
1...,112,113,114,115,116,117,118,119,120,121 123,124,125,126,127,128,129,130,131,132,...320
Powered by FlippingBook