As ARBORES da cidade - page 136

Pontevedra_As árbores da cidade
Eucalyptusglobulus
Labill.
103
Anxiospermas
Nomes populares
:
gal
.: eucalipto, eucalipto branco, calitro, alcoliteira;
cast
.: eucalipto,
eucalipto azul, eucalipto blanco, eucaliptomacho.
Etimoloxía
: o xénero deriva dos vocábulos gregos
eu
, ben, e
kalyptos
, cuberto, polo opérculo
suberoso que presenta na flor, e o epíteto específico do latín
globulus
, redondeado, polo opérculo
(“tapa”do froito) hemisférico, ou, segundo outros autores, pola semellanza das súas cápsulas
cuns botóns chamados glóbulos, demoda na Francia do século XVIII.
Familia
:Myrtaceae.
Orixe
:Tasmania e sur deAustralia (Victoria).
Utilidades e curiosidades
: esta especie exótica que se comporta como invasora ten, como
sabemos, grande importancia forestal en Galicia.A súamadeira sobre todo córtase para
producir pasta de papel,mangos de ferramentas, postes e esteos, pois deféndese ben da
humidade (as bateas de cultivos mariños están feitas con postes de eucalipto), aínda que tamén
se usa laminado para recubrir superficies: paredes,mobles, solos...Tamén de forma tradicional,
as súas follas foron empregadas para obter industrialmente o eucaliptol (sustancia
aromatizante) e para facer bafos ou infusións, xa que axuda a limpar
as vías respiratorias e amellorar as afeccións catarrais.
Esta árbore é usadamoitas veces para demarcar
propiedades forestais, chegando ás veces a formar
unha barreira de varios quilómetros.
Momentos demaior interese ornamental
:
todo o ano.
Localización e número de exemplares
: illa
de Covo (Illa das Esculturas) (plantados hai
moitos anos pola comunidade demontes de
Lérez como plantación forestal).
a
b
1...,126,127,128,129,130,131,132,133,134,135 137,138,139,140,141,142,143,144,145,146,...320
Powered by FlippingBook