As ARBORES da cidade - page 141

Pontevedra_As árbores da cidade
Feijoa sellowiana
O.Berg.
108
Anxiospermas
Sinónimos
:
Acca sellowiana
(O. Berg.) Burret,
Orthostemon sellowianum
O. Berg.
Nomes populares
:
gal
.: feixoa;
cast
.: feijoa, guayabo del Brasil, falso guayabo.
Etimoloxía
: o nome xenérico está dedicado ao botánico brasileiro Silva Feijoa, que viviu no
século XIX. O epíteto específico foi dado na honra do botánico alemán Friederich Sellow (1789-
1831), que acompañou o príncipe alemánNeuwied a Brasil e recolleu plantas na provincia de
Río Grande do Sul.
Familia
:Myrtaceae
Orixe
:América do Sur: Brasil, Paraguai,Uruguai e norte daArxentina.
Utilidades e curiosidades
: planta usada sobre todo como froiteira, pero tamén con interese
ornamental: as follas son vistosas polo contraste entre a cor verde brillante da face e a cor gris
prateada do envés, as flores teñen pétalos comestibles de sabor semellante ao domel, de cor
branca exteriormente e carmín púrpura no interior, e o froito de cor verde pálida, rico en
vitamina C, comestible en fresco e usado para preparar marmeladas e xelatinas, carnoso e
aromático.
Momentos demaior interese ornamental
: todo o ano, aínda que destaca omomento da
floración, a finais da primavera, e o outono, cando están formados emaduros os froitos.
Localización e número de exemplares
: rúa Doce deNovembro (1).
a
1...,131,132,133,134,135,136,137,138,139,140 142,143,144,145,146,147,148,149,150,151,...320
Powered by FlippingBook