As ARBORES da cidade - page 143

Pontevedra_As árbores da cidade
Ficus elastica
Roxb. exHornem.
110
Anxiospermas
Nomes populares
:
gal
.: gomeiro, árbore do caucho;
cast
.: ficus, gomero, árbol del caucho,
higuera del caucho.
Etimoloxía
: o xénero procede do latín
ficus
, que, a súa vez, deriva do grego
sykon
, figo. O
epíteto específico vén do latín
elasticus
, en relación a que produce unha sustancia elástica, que
serve para producir caucho.
Familia
:Moraceae.
Orixe
:Asia: dende oHimalaia ataMalaisia, Sumatra e Xava.
Utilidades e curiosidades
: planta valorada como ornamental polo tamaño e consistencia das
súas follas, polo que é popular como planta de interior. Só pode desenvolverse no exterior en
localidades litorais de clima suave, con escasas ou nulas xeadas. Pero o principal interese desta
especie nas súas rexións de orixe consiste en que o seu látex, branco e denso, serve para
producir caucho, por medio da incisión damadeira e a recolleita deste látex con recipientes
axeitados, aínda que a produción émenor que as de especies do xénero
Hevea
, xa que as
incisións deben facerse cada tres anos se non se quere pór en perigo a vida desta árbore. Dise
que necesita unhas condicións de humidade ambiental axeitadas para frutificar e ter polomenos
20 anos, condicións que nestas latitudes non acontecen.
Momentos demaior interese ornamental
: todo o ano.
Localización e número de exemplares
: alameda do arquitecto Sesmeros (1).
a
b
1...,133,134,135,136,137,138,139,140,141,142 144,145,146,147,148,149,150,151,152,153,...320
Powered by FlippingBook