As ARBORES da cidade - page 15

Pontevedra_As árbores da cidade
Ximnospermas
A palabra
ximnosperma
empregouna por primeira vez Karl von Linné (Linneo) en 1753, cando
publicou a obra que“clasificaba”omundo vexetal. Esta palabra consta de dous vocábulos
gregos,
gimnos,
espido, e
perma
, semente, e empregouse para referirse ás plantas que producen
sementes sen protección, ao descuberto, polo que non teñen froitos verdadeiros, como pode ser
os que coñecemos, como amazá, a pera…Estes vexetais son árbores e arbustos, leñosos, a
maioría deles con follas perennes e flores moi primitivas.
Crese que as primeiras ximnospermas apareceron no Devónico Superior, sendo este o período no
que tiveron o seumáximo esplendor, xa que, no seguinte período, o Carbonífero, foron os fentos
arborescentes os que formaron a vexetación dominante nos bosques e, posteriormente, foron as
anxiospermas, das que falaremos despois. Hoxe en día existen nomundo arredor de 800
especies de ximnospermas.
A este grupo taxonómico das ximnospermas pertencen as
coníferas
. Son plantas caracterizadas
sobre todo por presentar unhas estruturas chamadas conos, estróbilos ou piñas, formadas por
escamas seminíferas (protectoras das sementes), leñosas.
Noutras ximnospermas, como as
Taxaceae
ou as
Gynkgoaceae
non aparecen piñas, senón que as
sementes rodéanse dunha cuberta carnosa chamada
arilo
, semellando un verdadeiro froito.
Cedrus atlantica
1...,5,6,7,8,9,10,11,12,13,14 16,17,18,19,20,21,22,23,24,25,...320
Powered by FlippingBook